Feijóo responderá no próximo Pleno do veto á transferencia da AP-9

Feijóo responderá no próximo Pleno do veto á transferencia da AP-9

Feijóo responderá no próximo Pleno do veto á transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga anunciou hoxe que levará o veto á transferencia da AP-9 á próxima sesión de control do Parlamento. O responsable socialista sinala que “o bloqueo deriva de Rajoy e do PP, polo tanto a chave para superalo a ten Feijóo e a responsabilidade tena el”.

Criticou a ausencia de resposta do presidente galego á oposición do seu partido na Mesa do Congreso, que impediu o debate dunha iniciativa que o propio Feijóo apoiou na Cámara autonómica. Advertiu que é o presidente galego quen debe indicarlle á sociedade “por onde ir” para acadar unha transferencia que “segue sendo tan necesaria como cando aprobamos a Lei”.

Do contrario, explicou, “debe explicarlles aos galegos e galegas o que ten pactado co goberno nesas conversas co seu amigo De la Serna, que mais parecen ir no sentido de que non enviamos a petición en serio, que non pasa nada”.

O responsable socialista anunciou tamén que o próximo Pleno incluirá a proposta socialista para devolver o Pazo de Meirás ao dominio público. Os socialistas galegos propoñen consensuar a constitución dunha Comisión técnica coa participación de Xunta, Deputación e os concellos de A Coruña e Sada, que consulte con historiadores e xuristas para buscar vicios de nulidade que sinalen os camiños legais viables.

Lembra que a recuperación do Pazo non debe supor custe adicional para unha sociedade, a galega, que “xa pagou a doazón que non foi tal, senón un expolio pagado por aqueles que se opoñían ao réxime”. Foi, explicou, unha “penalización política” que “debe retornar sen custe”, e apostou por buscar o “consenso social e político restañando as feridas en vez de abrilas mais”.

O próximo Pleno incluirá tamén o debate da reforma da Lei de Medios, que logo de 5 anos continúa sen ser desenvolta, co que o PP “rompe o consenso” co que naceu a norma. Aludiu así ao nomeamento do director xeral pola Cámara autonómica, a constitución do Consello de Redacción que garanta a neutralidade, a probación do estatuto profesional ou a creación da autoridade audiovisual.

Referéndum

Fernández Leiceaga tamén fixo alusión ao Referéndum ilegal de Cataluña para lembrar que naquela Comunidade Autónoma “existe pluralismo e normalidade”, en contra das críticas que equiparan a situación actual ao franquismo. Advertiu que se trata dun “dislate que inverte os termos da historia”, xa que, lembrou, “o que non había daquela era eleccións democráticas, senón referéndums sen garantías para ofrecer os resultados previstos polo ditador”.

Censurou o “desafío contra a democracia e a convivencia dende as institucións catalanas”, independentemente, puntualizou da “política de agardar a ver para a continuación botarlle leña ao lume por parte do goberno de Rajoy”. Iso non lle quita, dixo, responsabilidade ás autoridades autonómicas pola súa decisións de “quebrar a legalidade democrática” e da “estratexia da provocación” para seguir adiante coa consulta.

Un referéndum, lembrou, que carece de garantías xa que non conta con quórum de votantes, nin garantía de cumprimento da legalidade” no seu desenvolvemento. Criticou tamén a “aqueles situados en terreo de ninguén” diante deste “simulacro de participación política” cun “oportunismo digno de mellores causas que só confunde aos cidadáns”.

O portavoz socialista amosou o seu apoio aos alcaldes e alcaldesas socialistas que se teñen negado a colaborar cunha iniciativa ilegal “garantindo o funcionamento normal das institucións”. Criticou que a Generalitat intente “socializar a desobediencia” e obrigar aos alcaldes e alcaldesas a colaborar para levar adiante o Referéndum.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar