Feijóo responderá no Pleno do boicot á transferencia da AP-9

Feijóo responderá no Pleno do boicot á transferencia da AP-9

Feijóo responderá no Pleno do boicot á transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, aproveitará a última sesión de control ao presidente deste período de sesións para preguntar polo veto á transferencia da AP-9 por parte do Goberno central. O responsable socialista acusou a Feijóo de apoiar en Galicia unha posición maioritaria sabendo do bloqueo en Madrid “provocado polo PP a través do goberno de Rajoy”.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente galego que “defenda realmente os intereses de Galicia” e aproveite a Comisión de Coordinación sobre a AP-9 da que forman parte el mesmo, xunto coa conselleira de Infraestruturas e o ministro de Fomento, para “coordinarse e desbloquear o debate da transferencia”.

Explicou que a pregunta ao presidente centrarase na labor desempregada por Feijóo para defender os intereses de Galicia neste último ano, na que figura en lugar destacado o bloqueo a transferirlle á Comunidade Autónoma unha competencia que considera “razoable”.

O Pleno comezará o próximo martes coa comparecencia tanto da conselleira de Infraestruturas para explicar o conflito co Plan de Transporte como do de Educación para dar conta do peche e reorganización de catro escolas anunciado o día antes do remate do curso. As dúas comparecencias foron solicitadas de forma unánime por toda a oposición, unha solicitude á que se sumou a continuación o goberno.

Fernández Leiceaga sinalou en primeiro lugar que a conselleira de Infraestruturas debe “avanzar máis e con rapidez” nas mesas de negociación para garantir o peche do Plan de Transportes con garantías para todas as partes. Pola súa banda, dirixiuse ao conselleiro de Educación para esixirlle “transparencia e diálogo” á hora de adoptar os “axustes necesarios” no mapa escolar logo de ser “discutidos e negociados” e “non a través de decisións improvisadas e extemporáneas.

Orzamentos

O portavoz socialista criticou ademais a decisión do goberno galego de presentar no último Pleno do período de sesións o proxecto de Lei de reforma da Lei de Orzamentos para incorporar 220 millóns adicionais polo procedemento de lectura única. Deste xeito converten o trámite nun “trágala” no que a oposición non ten tempo de plantexar emendas nun asunto que merece ser “transparente e preciso”.

Censurou a “falla de ambición” do goberno galego, que logo de rexeitar a proposta dos socialistas de empregar o teito de gasto para incorporar 60 millóns de euros adicionais, agora “danos parcialmente a razón cando aparecen 220 millóns adicionais”.

Os socialistas reclaman aumentar esta contía ata os 400 millóns de euros para reforzar o programa de residencias públicas, incorporar deduccións fiscais a familias con menos ingresos e reforzar as partidas destinadas á Risga e a atención á Dependencia.

O Pleno debaterá tamén unha proposición de Lei integral de identidade de xénero de Galicia amparada polos tres grupos da oposición para garantir o recoñecemento de dereitos e a protección específica das persoas transexuais, que resultan “das máis desprotexidas” actualmente.

A sesión da próxima semana incorporará ademais dúas proposicións non de Lei do Grupo Socialista, en primeiro lugar sobre a compra do Banco Popular polo Santander, dirixida a manter a marca Banca Pastor, o respecto aos postos de traballo ou o mantemento da actividade emrpesarial.

Tamén presentarán unha proposta para reclamarlle ao goberno galego que afonde nas tarefas de prevención dos incendios forestais e de castigo aos incendiarios, así como unha moción sobre o peche de camas hospitalarias no verán e unha pregunta sobre o restablecemento do Servizo de Cirurxía Pediátrica en Ourense.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar