Feijóo responderá no Parlamento do bloqueo das medidas contra a corrupción

Feijóo responderá no Parlamento do bloqueo das medidas contra a corrupción

Feijóo responderá no Parlamento do bloqueo das medidas contra a corrupción

Méndez Romeu Estado Autonomía webO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou que os socialistas utilizarán a próxima sesión de control ao presidente da Xunta para preguntarlle a Feijóo pola paralización das medidas de loita contra a corrupción en Galicia. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do próximo Pleno do Parlamento.

Méndez Romeu evidenciou que Feijóo “fuxe de xeito sistemático dende o primeiro día de tódolos asuntos que teñan que ver coa loita contra a corrupción en Galicia” e esixirá o “compromiso firme” do goberno galego para frear esta lacra e preguntaralle en concreto “polas medidas previstas para a mellora da calidade democrática en Galicia”.

Así o dixo logo de que o PP rexeitara a comparecencia de Feijóo, encargado de tutelar “determinadas operacións” das antigas caixas de aforro logo de que o ministro de Economía ordenara ao FROB trasladar a anticorrupción algunhas operacións de crédito destas entidades.

O PP tamén vetou a comparecencia da conselleira de Traballo para dar conta do cese do director xeral de Traballo “para que ao día seguinte entrara no xulgado” a declarar polas irregularidades cos cursos de formación.

Protesta

O portavoz socialista presentou a súa protesta pola recuperación “dunha das peores prácticas do goberno” galego ao utilizar a Lei de Acompañamento aos orzamentos como escusa para modificar “un feixe de normativas” e sen incluír ademais o ditame preceptivo do Consello Económico e Social.

Acusou á Xunta de pretender tramitar de forma express a modificación en profundidade do réxime das cámaras de comercio, duplicar as instalacións para casinos de xogo en Galicia ou aprobar un novo imposto medioambiental sorteando o debate parlamentario e os imprescindibles informes sobre estas normas que supoñen un claro impacto económico.

Os socialistas galegos presentarán no próximo Pleno do Parlamento unha moción sobre o desmantelamento da Lei de Dependencia e o abandono por parte da Xunta ás 18.000 persoas que teñen recoñecida a dependencia pero non perciben axudas. Tamén presentarán unha proposición non de Lei sobre as prácticas abusivas coas cláusulas suelo das hipotecas e o desabastecemento das vacinas da varicela e da meninxite B.

Ademais, o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha pregunta oral sobre a privatización dos servizos de atención a persoas con discapacidade por parte da Consellería de Traballo e Benestar.

Depresivo e deprimente

Méndez Romeu anunciou que o Pleno da próxima semana incorporará unha interpelación diante da “depresiva e deprimente” paralización da obra pública por parte do goberno galego, que acumula unha “caída brutal” do 50 por cento do investimento produtivo con relación a 2009. Esta situación coincide, engadiu, cos “índices mais baixos de execución” do orzamento por parte do goberno galego, que demostra a súa “nula eficacia”.

Tamén será presentada unha interpelación pola pésima xestión por parte do goberno galego do apoio ao sector industrial de Galicia, que supuxo que “si en marzo do ano pasado a Xunta presumía de que Galicia lideraba a produción industrial do Estado, hoxe estamos á cola de España”. Ademais, preguntaranlle á Xunta polas xestións para modificar o regulamento comunitario que bloquea á pesca ao xeito.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar