Feijóo replica o seu Goberno e contradí tódolos compromisos de abrir unha nova etapa en Galicia

Feijóo replica o seu Goberno e contradí tódolos compromisos de abrir unha nova etapa en Galicia

Feijóo replica o seu Goberno e contradí tódolos compromisos de abrir unha nova etapa en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou hoxe a “vocación claramente continuísta” demostrada polo presidente da Xunta ao manter a tódolos seus conselleiros sen facer nin un só cambio para a nova etapa. O responsable socialista sinala que “esta decisión contradí frontalmente o compromiso adquirido por Feijóo na súa Investidura de abrir unha nova etapa”.

O responsable socialista sinala que o presidente da Xunta “persiste no erro” e “demostra unha alarmantemente escasa capacidade de adaptación aos retos da recuperación e da saída da crise, que esixirían un impulso máis social ao seu gabinete”.

Lamentou que “os xestos e os feitos que comeza a asumir o novo presidente da Xunta ratifican a nosa intervención no debate da semana pasada, na que sinalamos que o de Feijóo é un proxecto esgotado, caracterizado por unha lamentable falla de ambición e o seu conformismo, que confirman que o presidente da Xunta non ten nada novo que ofrecerlle a Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar