Feijoo reduce profesores, masifica as aulas e potencia o ensino privado

Feijoo reduce profesores, masifica as aulas e potencia o ensino privado

Feijoo reduce profesores, masifica as aulas e potencia o ensino privado

O secretario de Educación do PSdeG, Luis R. Edrosa, advertiu que o curso educativo comezará cun total de 2.000 alumnos máis nas primeiras etapas educativas e unha redución de 1.000 docentes. Advertiu que Feijóo ten encetado unha política educativa “surrealista” ao responder ao incremento de alumnos “reducindo profesorado e masificando as aulas”.

O responsable socialista criticou que as declaracións do PP de que estes recortes “non afectarán á calidade educativa”, que, para o PSdeG-PSOE, “só veñen a referendar a esperpéntica política en materia educativa levada a cabo por Feijoo desenvolvida ao longo destes tres anos que puxo en pe de guerra a todos os membros da comunidade educativa”.

Os socialistas galegos condenaron “a política de persoal educativo que acabou con 2.500 postos de traballo no que vai de lexislatura” mentres os alumnos aumentaron en mais de 8.000. Explicou que “os pais e nais non poden comprender coma se pode xogar coa
educación dos seus fillos e se poden eliminar a 1.000 mestres nun só curso”.

Advertiu que esta situación provoca a “masificación de aulas e o reagrupamento de alumnos”, outros dos problemas que para o PSdeG-PSOE poñen “en grave perigo a calidade educativa do noso país”.

Baixas de profesores

Edrosa afirmou que “a esta resolución hai que engadir que, en tres anos, o soldo dos empregados públicos do ensino mermou un 20 por cento, e que non se cubren as baixas durante os primeiros 10 días lectivos”.

Explicou que “moita xente non sabe que isto significa que os rapaces están desatendidos, en caso de baixa do seu mestre, case dúas semanas antes de que a Consellería envíe un substituto, incluso si se trata de rapaces de tres anos”, o que “para o conselleiro de Educación sigue sendo calidade educativa”.

Gratuidade escolar

Edrosa afirmou que este curso “pouco máis de 65.000 familias recibirán a axuda do programa de gratuidade escolar da Xunta, cando no curso 2009-2010, estas axudas chegaban ás 165.000 familias e cubrían o cen por cen do alumnado de educación obrigatoria de Galicia”.

Ademais, a máxima contía das axudas apenas cubrirá o 50 por cen do custe total medio da volta á escola de calquera familia, cifrado pola Federación de Usuarios e Consumidores Independientes –FUCI-  en 300 euros, sen esquecer que este ano, pola suba do IVA, os pais pagarán unha media de 60 euros de incremento no custe de libros e material escolar.

Supresión de centros

Engadiu neste balance que o curso comezará coa supresión de 12 centros educativos e un total de 132 unidades. Edrosa sinalou que “non se entende cómo nuns cursos de incremento de alumnado, os centros educativos están sendo clausurados e se está xustificando como é unha medida solicitada polos pais”.

O responsable socialista afirmou non entender “coma desde o PP se pode garantir a calidade educativa cando este curso haberá case 1.000 docentes obrigados a impartir materias das que non son especialistas”. Dixo que "gustaríame saber se un neno da clase de música ten o mesmo grao de coñecemento se esa clase é impartida por un mestre especialista en música ou por outro que imparte habitualmente outra materia”.

Ensino privado

O secretario de Educación do PSdeG-PSOE destacou que “fronte ao desmantelamento do sistema educativo público, o goberno do PP fai unha clara aposta polo ensino privado destinando 250 millóns de euros e creando unidade novas, en esquecer outros programas promovidos na privada sen correspondencia na pública”.

Denunciou que a Xunta esta destinando 3 millóns de euros a subvencionar centros que segregan alumnado, e lembrou o compromiso do
candidato socialista, Pachi Vázquez, de paralizar os concertos con estes centros para destinalos a financiar a gratuidade dos libros de texto para o 90 por cento das familias galegas.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar