Feijóo reduce o gasto social en 1.450 millóns de euros cada ano

Feijóo reduce o gasto social en 1.450 millóns de euros cada ano

Feijóo reduce o gasto social en 1.450 millóns de euros cada ano

Méndez Romeu. Pleno do parlamentoO portavoz do Grupo socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu hoxe que o goberno galego está a reducir o gasto social en 1.450 millóns de euros cada ano, provocando unha “situación insoportable” para as familias. Na sesión de control ao presidente celebrada hoxe no Parlamento sinalou que “sobra triunfalismo e se necesita outra axenda social”.

O responsable socialista dixo que “o poña como o poña, os datos seus, logo de seis anos, son peores que o día en que chegou” e apelou ao nobel Joseph Stiglitz, quen confirmou que a austeridade é “unha política fracasada”. Os países que optaron por outro modelo, sinala o economista, saíron antes da crise e cun menor custe social, “xustamente o que non lles interesa”, sentenciou Méndez Romeu.

Explicou que as políticas do goberno galego provocaron que o 21 por cento da poboación galega, 600.000 persoas, estean en risco de pobreza ou teñan serias dificultades para chegar a fin de mes. Durante o seu goberno, engadiu, duplicou o número de desempregados, e os parados de longa duración aumentaron un 53 por cento.

A principal consecuencia desta situación é que os perceptores de desemprego baixan e xa hai 140.000 persoas sen prestación, menos dun terzo das cales recibe a Risga “cun retraso de entre 8 e 6 meses”, e outras 90.000 persoas subsisten sen apoio.

Méndez Romeu denunciou que a Consellería de Traballo e Benestar responda a esta situación “deixando sen executar un de cada catro euros dirixidos a gasto social” e rexeitan tódalas iniciativas de impulso. Mentres, engadiu, en políticas como a de vivenda pública “pasados de ter o 6 por cento da promoción pública estatal ao cero por cento”.

Desemprego

Advertiu que “mentres manteñen unha posición tibia na política social, na loita contra o paro a súa resposta é contundente”, xa que mentres o desemprego duplícase, os orzamentos do goberno galego redúcense á metade, suprimindo 194 millóns de euros cada ano. Nesta lexislatura, dixo, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma en destrución de horas de traballo, “o equivalente a 147.000 empregos”.

A reforma laboral do PP permitiu que hoxe “un de cada tres traballadores perciban o salario mínimo ou menos, e a metade dos traballadores e traballadoras de Galicia cobren menos de 1.000 euros como consecuencia directa da súa política”.

Acusounos ademais de “silenciosamente invitar a emigrar e acentuar a crise demográfica” a unha xeración completa de mozos e mozas que camiñan cara á desesperación logo de perder o emprego e a cobertura do desemprego, “excluídos da independencia que da un salario digno”.

A maior parte dos xóvenes padecen “empregos a tempo parcial ou temporal, sen cualificación e intercambiables, sen capacidade de negociar salarios”. Esta é o efecto que provoca a reforma laboral entre os mozos e mozas, cando un de cada 5 traballando menos de 20 horas, un de cada 3 con contrato temporal e un de cada dez con contrato de formación.

Ao mesmo tempo, engadiu, “os bolseiros non teñen contrato, nin retribución, nin Seguridade Social e nin sequera computan nas estatísticas”. Hoxe só a décima parte dos mozos e mozas desempregados perciben un subsidio, e 18.000 xóvenes galegos nin estudan nin traballan”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar