Feijóo reduce o financiamento das universidades a niveis de 2005

Feijóo reduce o financiamento das universidades a niveis de 2005

Feijóo reduce o financiamento das universidades a niveis de 2005

UniversidadeA portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, criticou hoxe que o financiamento das universidades galegas ten diminuído ao nivel de 2005 en termos constantes. Na comparecencia do secretario xeral de Universidades para dar conta do Plan de Financiamento do SUG 2011-15, criticou que os recortes de Feijóo teñen provocado “unha década perdida”.

A responsable socialista advertiu que o “primeiro problema” das universidades galegos é o reducido orzamento destinado polo goberno galego, e advertiu que “por moi bonito que o poñamos, se nos dedicamos a repartir e distribuír a miseria non sairemos da miseria”. Sinalou que “o monto total ten que subir” para recuperar o nivel das universidades galegas ou “non resolveremos nada”.

Burgo acusou ademais ao goberno galego de comparecer para analizar o Plan de Financiamento do SUG agochando os datos reais, impedindo o acceso dos deputados á Memoria con datos contabilizados e reais. Acusou ao goberno galego de agochar que os datos que presentan son falsos, como os 2.200 millóns de euros dos que teóricamente disporían as universidades nestes cinco anos, cando “non chegan nin con moito aos 2.000”.

Criticou que os recortes do goberno galego chegan a poñer en risco a sostibilidade do SUG con caídas continuas dende 2009, que supuxeron unha redución de orzamentos do 14,4 por cento ata o ano 2015. Lamentou que o goberno galego responda a este contexto de recortes drásticos e ás queixas dos reitores instándoas a buscar recursos por si mesmas, en palabras do propio Feijóo.

Incumprimentos

Concepción Burgo puxo ademais en cuestión os “incumprimentos manifestos” dos compromisos do goberno galego co Sistema Universitario Galego. Mentres prometía un aumento dos recursos ata chegar a dedicar o 1 por cento do PIB a investigación nas universidades, a realidade é que pasou do 0,8 por cento do goberno de Touriño aos apenas 0,65 por cento.

Dixo que o goberno galego “o único que quere é que as universidades é que estean tranquilas” e non evidencien os recortes do goberno coas súas críticas mentres as asfixian pola vía do recorte unilateral e indiscriminado de orzamentos. Esixiu unha “política seria de impulso das universidades”, ou do contrario “non imos a ningunha parte”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar