Feijóo recorta servizos sociais mentres subvenciona cirtuítos de golf

Feijóo recorta servizos sociais mentres subvenciona cirtuítos de golf

Feijóo recorta servizos sociais mentres subvenciona cirtuítos de golf

O parlamentario socialista, José Manuel Lage Tuñas, defendeu hoxe no pleno do Parlamento a derrogación da lei 1/2012 de medidas temporais no emprego público e a apertura dun diálogo entre tódalas forzas para “a reforma da administración, onde se prime a eficiencia,cos axustes necesarios, e a calidade dos servizos”.

Nun debate lexislativo no Pleno do Parlamento de hoxe, Lage Tuñas apostou por “unha administración pública eficiente, onde se fagan as reformas estruturais necesarias para reforzar a calidade dos servizos públicos ao mesmo tempo que se erradican malas prácticas ou ineficiencias evidentes”.

”Feijóo está convertido no ariete daqueles que perseguen debilitar o Estado e poñer en mans do mercado a resolución de tódolos problemas, incidindo nas políticas neoliberais e criminalizando as empregados públicos”, acusou o deputado socialista.

DOBRE MORAL DE FEIJÓO NA APLICACIÓN DE RECORTES

Lage Tuñas criticou a “dobre vara de medir” e a “dobre moral” do presidente da Xunta. Porque anuncia recortes discrecionais e unilaterais dos salarios de traballadores da Administración pública de ata un 33 por cento, que anuncia que non cubrirá o 75 por cento das baixas do persoal sanitario e que non cubrirán a lo menos o 10% da xubilacións no ámbito sanitario.

Mentres isto sucede, mentres aforran en Sanidade e Educación manteñen unha oficina do Igape en Miami que custa 11.000 dólares ao mes, ou manteñen un aparcamento particular que custa 600 euros cada mes, recriminou o deputado socialista ao Goberno popular.

José Manuel Lage tamén acusou ao Goberno Feijóo de entregar a acción exterior do IGAPE á Confederación de Empresarios de Galicia a cambio de 18 millóns de euros, sen que mediase ningún tipo de concurso público.

Referiuse a continuación o portavoz do área Institucional do Grupo Socialista á Cidade da Cultura, para reprochar á Xunta “ a compra de cadeiras de 333 euros”, que o conselleiro de Educación cualifica de “cadeiras ordinarias” para ese “enxendro”, cualificada por Lage como “símbolo claro do despilfarro, da nula planificación, da ausencia de criterio, o símbolo dos 16 de anos de fraguismo do PP de Galicia”.

Acusou ao Executivo de Núñez Feijóo seguen mantendo Delegacións Territoriais de novo cuño con persoal de gabinete, asesores e persoal eventual “co único obxectivo de servir aos intereses do Partido Popular de Galicia”, dixo.

Cifrou en 40 millóns de euros o custe nesta lexislatura da creación destas Delegacións dirixidas por Superdelegados e Superdelegadas “que teñen como xestión máis destacada no que vai de lexislatura a asistencia a un partido de fútbol no Santiago Bernabeu cando a provincia de Ourense ardía polos catro costados”, dixo en alusión a un feito protagonizado polo Superdelegado da Provincia de Ourense.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar