Feijóo quere reducir a lingua "ata que quede en cousa duns poucos"

Feijóo quere reducir a lingua "ata que quede en cousa duns poucos"

Feijóo quere reducir a lingua "ata que quede en cousa duns poucos"

caamañoO portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, criticou hoxe que Feijóo se teña proposto “reducir á lingua ata que quede en cousa duns poucos”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a redución e a caída na execución dos orzamentos para a dobraxe en galego, que se debateu na Comisión de Cultura do Parlamento.

Caamaño comparou a política de lingua da Xunta coa “cocción das prebes, que van espesando e reducindo” para deixala nuns poucos galegos e galegas que só utilizan a lingua galega. Dixo que un suposto aumento dos que só falan en galego en realidade agocha “un fracaso do goberno” na defensa da cultura e da lingua galegas, xa que o número total de persoas que falan o galego, aínda que tamén falen castelán, diminúe.

Explicou así que o goberno galego teña reducido o orzamento dedicado á lingua mais do que diminuíu o orzamento global da Xunta, aplicando un “suplemento redutor” co que busca “manter a boca pechada e agardar a que se vaia deteriorando” o galego. Este suplemento, dixo, tamén foi aplicado á sector da dobraxe en galego das películas, series e programas da CRTVG.

Execución

Neste caso, mentres o orzamento da TVG descendeu un 19 por cento nos últimos 10 anos, as partidas dedicadas á dobraxe caeron un 23 por cento. O caso deste sector resulta mais “dramático” porque ademais están a padecer a caída na execución dos orzamentos, por canto dos 3,4 millóns de euros orzamentados anualmente no concurso de adxudicación, en 2011 só foron licitados 2,7 e en 2013 1,5, tan só un 45,45 por cento.

Francisco Caamaño criticou a inacción do goberno galego, que deixa ao galego moi por debaixo das demais linguas cooficiais, xa que “podes ver series en castelán e catalán, ou podes comprar un DVD coa dobraxe naquela lingua”, mentres o alcance do galego é moito mais limitado.

Reclamoulle ao goberno galego que inclúa medidas específicas para reforzar á dobraxe no mandato marco e o contrato programa da CRTVG que aínda teñen que ser aprobados polo Parlamento.

Advertiu que o audiovisual en galego “foi quén de facer unha industria solvente en épocas moito mais difíciles, con menos presuposto e vindo do franquismo e da negación do galego, para que agora chegue a política de redución de prebe de Feijóo e a destrúa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar