Feijóo quere manter os privilexios da Igrexa para que "lles perdoen o pecado orixinal da corrupción que di ter o PP"

Feijóo quere manter os privilexios da Igrexa para que "lles perdoen o pecado orixinal da corrupción que di ter o PP"

Feijóo quere manter os privilexios da Igrexa para que “lles perdoen o pecado orixinal da corrupción que di ter o PP”

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao presidente da Xunta de manter privilexios para a Igrexa co obxecto de que “lles perdoen o pecado orixinal da corrupción do PP”. A responsable socialista presentou unha moción na que reclamaba a recuperación dos bens inmatriculados a favor da Igrexa a raíz da reforma do Regulamento Hipotecario aprobada por Aznar en 1998.

A responsable socialista aludiu ás declaracións do presidente da Xunta no acto de conmemoración do XXV aniversario Consello de Contas do pasado venres en sede parlamentaria, no que aludiu á corrupción como unha característica propia do xénero humano aludindo á mazá de Adán e Eva. Vilán criticou así tanto o amparo do PP ás relacións do Estado coa Igrexa como a resposta de Feijóo ás operacións Lezo e Gürtel.

Censurou que a reforma normativa de Aznar posibilitara “que se inmatriculasen a favor da Igrexa e esta se adonase indebidamente de moitos inmobles sen dispor do título ou cando foran de titularidade pública, cal ave de rapiña”. Sinalou o “exemplo vergoñento” da Mezquita de Córdoba, inscrita a favor da Igrexa por 30 euros ao amparo desta norma.

Os socialistas reclamaron o apoio do PP e do goberno galego a unha iniciativa dirixida a coñecer os efectos que tivo en Galicia a dita reforma a través dun estudo da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado que enumere os bens inmatriculados a favor da Igrexa Católica dende 1998. Lembrou que os parlamentos vasco e navarro xa abordaron esta cuestión, dando comunicación a tódolos concellos afectados.

Ademais, esíxelle ao goberno que analice que títulos de propiedade se teñen aportado aos Rexistradores da Propiedade, xa que “parece que a dita Dirección Xeral non deu ningún tipo de instrución aos rexistradores con relación aos certificados de inmatriculación”.

Finalmente, solicita as “accións necesarias para impedir a consolidación do dominio ou outros dereitos reais a favor da Igrexa Católica en Galicia para poder recuperar eses bens. Trátase, explicou, de “terminar cun privilexio máis se as inscricións se tiveran feito sen título material e previo que as xustificase ou cando o ben, por ser de dominio público, non puidera pasar á titularidade privada”.

Aconfesionalidade

Vilán considera “imprescindible resarcirnos dos perversos efectos da modificación da normativa hipotecaria” e sinalou que “xa é hora de dar pasos cara á aconfesionalidade do Estado” rematando con estes privilexios. Sinalou que “nunca se tería que ter considerado á Igrexa Católica como unha institución pública, porque estamos a falar dunha institución privada”.

Sinalou así que “aí están a asignación tributaria do 0,7 por cento do IRPF, as excepcións e bonificacións fiscais como o IBI, e ata que punto e hora a Igrexa, se pretende seguir a ser beneficiaria de cartos públicos, ten que se someter ao principio de transpa4rencia e de control por parte do Consello de Contas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar