Feijóo quere cargarlle ao Concello de Santiago 30 millóns de sobrecuste pola EDAR de O Souto

Feijóo quere cargarlle ao Concello de Santiago 30 millóns de sobrecuste pola EDAR de O Souto

Feijóo quere cargarlle ao Concello de Santiago 30 millóns de sobrecuste pola EDAR de O Souto

O responsable da Área do Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, esixiulle á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que faga público o proxecto final da Edar de O Souto. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno de hoxe na que desafiou á conselleira a “fixar data e hora” para unha visita dos deputados socialistas ao seu Departamento.

Sánchez Bugallo acusou á conselleira de agochar un proxecto que debera ser público polos cambios que sufriu dende a súa exposición ao público e que suporía de facto aumentar o seu custe nun 50 por cento e “destrozar completamente unha zona virxe de arbolado”.

A construción da EDAR tería un custe de 89,84 millóns de euros (IVE incluído) en lugar dos 59 anunciados orixinalmente, cargando a diferenza ao Concello de Santiago, xa que en virtude do convenio orixinal de 2013 o goberno central asumiría un máximo de 41,8 millóns, a Xunta ata 8,99 millóns e o Concello o resto.

Ademais, suporá construír unha estrada asfaltada de un quilómetro, un colector de mais de un quilómetro de longo e 1,8 metros de diámetro, levantar unha liña de media tensión e construír nesta zona unha explanada de 110.000 metros cadrados, o equivalente a quince campos de fútbol regulamentarios.

Sánchez Bugallo sinalou que o emprazamento final afastaríase de Silvouta pero achegaríase aos núcleos de Quintáns de Villestro, Costolla e Quintilláns, situándose a 17 metros do Concello de Ames, que a día de hoxe descoñece o proxecto.

Contos chinos

O responsable socialista esixiulle á conselleira que “non participe da tarefa de engano e ocultación” do proxecto e emprazouna a “poñer día e hora” porque, rematou, “o resto son contos chinos”.

Lembrou así que os socialistas galegos reclamaron formalmente por tres veces, dende o pasado mes de novembro, coñecer o proxecto da EDAR, sen que a Consellería teña respondido, nin permitido o acceso aos deputados “nin sequera ten feito unha chamada de teléfono”.

Sánchez Bugallo alertou contra unha “grave falla de respecto” cara aos deputados e deputadas do Parlamento que solicitaron unha información “que debera ser pública” xa que “non se trata dun documento reservado”, co que a Xunta incumpre a Lei de Transparencia e Bo Goberno e mesmo ignora ao conxunto da cidadanía que permanece igual de desinformada.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar