Feijóo provoca salarios mais devaluados, mais paro, mais pobreza e mais inseguridade laboral

Feijóo provoca salarios mais devaluados, mais paro, mais pobreza e mais inseguridade laboral

Feijóo provoca salarios mais devaluados, mais paro, mais pobreza e mais inseguridade laboral

cola-del-paroA portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, dixo hoxe que a xestión de Feijóo provoca “salarios mais devaluados, mais paro, mais pobreza e mais inseguridade laboral” nos galegos e galegas. Quintas presentou no Pleno de hoxe unha interpelación ao goberno galego sobre a ausencia de políticas para impulsar á creación de emprego.

Advertiu que a conselleira está mais preocupada do seu papel como “protagonista importante” na trama de financiamento ilegal do PP en torno ao presidente da Xunta que están a deixar en evidencia as investigacións xudiciais. Sinalou que “nos gustaría que o emprego fora o protagonista da súa xestión”, cando “o único que conseguiu foi o incremento desmedido do desemprego” en Galicia.

Quintas acusou a Feijóo e á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, de debuxar unha “Galicia como país das marabillas” a costa de “terxiversar os datos e insultar ao país negando a realidade innegable do incremento do desemprego”. Denunciou que a única solución do goberno galego sexa a continua devaluación salarial, mentres Galicia roza xa os 250.000 parados e paradas.

Acusounos de “ocuparse dos seus e das grandes fortunas” mentres a devaluación salarial deixa á poboación “sen esperanza, con mais paro, mais pobreza e mais inseguridade laboral para os que teñen a oportunidade de traballar”. Criticou que a única preocupación do goberno sexa a de engordar os beneficios da empresa, mentres o axuste salarial se acelera no terceiro trimestre do ano.

600.000 persoas en pobreza

Agora, apuntou, só un terzo dos parados perciben prestación, hai 600.000 persoas en situación de pobreza, entre eles 120.000 menores, 93.000 familias teñen a tódolos seus membros en paro, 55.000 fogares estean sumidos na pobreza severa, 30.000 deles sen ningún ingreso e a Xunta só orzamenta a Renda de Integración Social para 7.000 persoas.

Esixiulle ao goberno galego que teña “como mínimo a decencia de intentar solventar un problema que está desertizando Galicia e poñéndoa nos peores parámetros”, logo de cinco anos nos que Feijóo leva xestionando unha “crise terrible da que tiña pleno coñecemento e que dixo que ía solucionar en 45 días”. Puntualizou que “coas súas políticas Galicia non vai saír da crise nin en 45 anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar