Feijóo propón un fondo de cohesión demográfica logo de sete anos de esquecer o sistema de financiamento

Feijóo propón un fondo de cohesión demográfica logo de sete anos de esquecer o sistema de financiamento

Feijóo propón un fondo de cohesión demográfica logo de sete anos de esquecer o sistema de financiamento

A portavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, puxo en dúbida hoxe a nova proposta de Feijóo de crear un fondo de cohesión demográfica no marco da reforma do sistema de financiamento autonómico. Na sesión de control ao presidente, a responsable socialista afeoulle a “desfachatez” de presentar unha promesa electoral logo de sete anos “tendo esquecido o sistema de financiamento”.

Vilán acusou ao presidente da Xunta de estar “xestionando e non gobernando Galicia” durante unha etapa na que non reclamou ningunha nova transferencia para Galicia, a lo menos dende que goberna Rajoy. Esixiulle así a Feijóo que explique se o dito fondo de cohesión “vai ser a promesa do seu vindeiro programa electoral e, sobre todo, se o vai cumprir”.

A portavoz socialista criticou a falla de compromiso do presidente da Xunta coa mellora e o avance do autogoberno de Galicia, nomeadamente en relación á transferencia de competencias e con relación da reforma do sistema de financiamento, no que “ficou e fica mudo”.

Con relación á transferencia de competencias, lembrou que logo de presentarse ás eleccións en 2009 prometendo no seu programa unha ampliación competencial para Galicia, esta demanda rematou en 2010, e dende entón, especialmente dende o momento en que Rajoy asumiu a presidencia, en 2012, as competencias reclamadas reducíronse a cero.

Financiamento

Vilán sinalou tamén o programa electoral de Feijóo para as eleccións de 2012, onde consideraba a revisión do modelo de financiamento como un asunto clave, e se comprometía a elaborar un estudo que poña de manifesto as debilidades do actual sistema de financiamento autonómico. Sen embargo, o presidente da Xunta leva sen tratar a cuestión dende o ano 2014, cando correspondería o debate do novo sistema.

A portavoz socialista reclamou a reforma do financiamento autonómico por canto permite “reforzar a autonomía das nosas decisións” e define “o noso ensino, a nosa sanidade, os nosos servizos sociais e non entende de esperas nin das cores políticas dos presidentes”. A responsable socialista subliñou que “para o diálogo construtivo sempre atopará ao PSdeG”.

Explicou que os socialistas galegos “estamos polo debate, a democracia, a participación e o diálogo”, e puxo como exemplo o voto favorable a debater unha Lei sobre o concerto económico de Galicia “estando en contra” daquel modelo pero a favor de tratar a reforma do modelo de financiamento autonómico.

Lembroulle a Feijóo que “teñen que responder e dar contas no Parlamento, que é a casa do debate”, pero criticou que “non cren no debate, non cren na democracia, non entenden que os militantes do PSdeG-PSOE elixiron ao seu candidato mentres vostedes utilizan o dedo”, e rematou sinalando que “vostede é goberno, non somentes un xestor”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar