Feijóo "promove a inmunidade política" de Baltar

Feijóo "promove a inmunidade política" de Baltar

Feijóo "promove a inmunidade política" de Baltar

Grupo Parlamentario Pleno ParlamentoO deputado socialista Raúl Fernández criticou hoxe a actitude política de Feijóo fronte ao caso de presunto acoso sexual do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. No debate dunha iniciativa parlamentaria, o responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “darlle cobertura e inmunidade política ao agresor”.

Fernández dixo que o presidente do PP e do goberno galego “respalda ao acosador e maltrata á vítima, promove a súa inmunidade política e respalda o caciquismo e as prácticas clientelares de Ourense”. Preguntoulle ata qué punto “o seu presente e o seu futuro político tamén dependen de Baltar” para que teña que defendelo ata este punto.

Os socialistas apoiaron hoxe a proposición non de Lei presentada polo BNG para que a Xunta esixa o cese inmediato de Baltar “de non existir documentación clara que desmintan as acusacións” que foi rexeitada polo PP. Tamén reclama que a Secretaría Xeral de Igualdade abra unha investigación sobre o incumprimento da Lei para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

O deputado socialista cualificou o caso do presidente da Deputación como “repugnante, vergoñento e insoportable para a democracia”. Engadiu que “non debera durar máis de 24 horas” logo de coñecerse as gravacións nas que evidenciaba o presunto intercambio de sexo a cambio de traballo e a súa concepción patrimonial e mesmo “medieval” da Deputación.

Este caso, dixo, evidencia que os “25 anos de baltarismo representan o máis execrable da condición política”, primeiro con José Luis Baltar pai e agora con José Manuel Baltar fillo, empeñados en “negar os valores e fortalezas de Ourense e os seus cidadáns”.

Unha etapa, dixo, na que impuxeron o “uso da Deputación como unha oficina sectaria de contratación, coa violación sistemática de procesos selectivos e boicot á institución para perpetrar a apropiación indebida do Pazo Provincial como un ben persoal”. Acusounos de crear un “contexto social de dependencia e exclusión, de arraigar o mercadeo de persoas e de identificar Ourense co caciquismo e o enchufismo”.

Só tres anos á fronte da Deputación foi o que necesitou o novo presidente do ente para “exhibir o seu sentido patrimonial dos bens e servizos” da institución e para demostrar o “modelo medieval no que se quere instalar, con donos e súbditos”.

Mulleres do PP

O debate tivo continuidade na posterior intervención da tamén deputada ourensá Noela Blanco, quen reprochoulle especificamente ás deputadas do PP o seu aplauso e os seus votos a favor do presidente presunto acosador e que, hoxe, mesmo fora unha deputada daquel partido, Paula Prado, “a encargada de defender a un presunto acosador sexual”.

Criticou que hoxe teña sido “unha muller quen atacara a unha muller”, en alusión á vítima de Baltar e, logo das chamadas á orde da presidenta do Parlamento, esixiulle o “mesmo sentido da cortesía parlamentaria cando un membro da Mesa faille a peineta a un membro da oposición”, en alusión ao xesto que hoxe lle dedicou o secretario Balseiro aos membros do Grupo Socialista durante a sesión de control.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar