Feijóo pretende esconder con demagoxia que a partir do 1 de xullo lle vai cobrar os medicamentos aos pensionistas

Feijóo pretende esconder con demagoxia que a partir do 1 de xullo lle vai cobrar os medicamentos aos pensionistas

Feijóo pretende esconder con demagoxia que a partir do 1 de xullo lle vai cobrar os medicamentos aos pensionistas

O secretario de sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, afirma sorprende que “Feijóo prometa aumentar o investimento en sanidade para 2013, cando igual xa non preside a Xunta e cando ata o momento o único que fixo foi recortar ano tras ano”

Fernández asegura que “a día de hoxe o único que pode garantir Feijóo e que a partir do 1 de xullo lle vai cobrar os medicamentos a todos os pensionistas galegos”

Lembra que dende a chegada de Feijóo á Xunta a sanidade galega viu reducido o seu orzamento nun 6,34%, 104 euros por habitante, e mentres que no resto das comunidades autónomas o orzamento para sanidade diminuiu nun 4,82%, en Galicia diminuiu nun 6,34%

O PSdeG-PSOE afirma que “Feijóo é o Presidente da Xunta que máis leva recortado os orzamentos da Sanidade pública dende as transferencias das competencias nesta materia”.

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, lembra que dende a chegada do PP ao Goberno da Xunta o orzamento para a Consellería de Sanidade reduciuse un 6,34%, mentres a media estatal o reducía un 4,82%; é dicir, Feijóo recortou o orzamento un 1,5% máis que o conxunto das comunidades autónomas.

Para o dirixente socialista chama a atención que agora Feijóo prometa dedicar a sanidade o 50% do orzamento de 2013, cando igual xa non preside a Xunta, e cando ata o momento o único que fixo foi recortar ano tras ano o investimento por habitante nesta materia.

Fernández considera que Feijóo pretende esconder con demagoxia e futuribles imposibles de corroborar o único certo: que é que dende o vindeiro 1 de xullo os pensionistas terán que pagar os seus medicamentos

“O pago das ambulancias e o pago de medicamentos a partir do vindeiro 1 de xullo, significarán a estocada final para milleiros de pensionistas galegos para os que esta medida, por certo inxusta e ineficaz, suporá un grandísimo esforzo que en moitos casos non poderán soportar”, asevera.

“Esta é a realizade dos datos, mentres o Sr. Feijóo promete unha cousa fai outra totalmente contraria”, critica o dirixente socialista, que explica que estas medidas as están a sufrir todos os galegos e galegas, porque dende a chegada de Feijóo o orzamento sanitario por habitante pasou de 1.366 euros por galego no 2009 a 1.262 euros por cada galego no 2012, é dicir 104 euros menos por habitante, o que significa un 7,61% menos.

Neste sentido matiza que aínda que a maioría das comunidades o teñen reducido, foi en menor proporción que en Galicia, como o País vasco que o fixo nun 3%, Madrid nun 5,6%, Andalucía nun 3,37%, e incluso noutras comunidades como Asturias incrementaron o orzamento por habitante nun 13%, pasando de 1.354 euros a 1.530 euros por asturiano.

Ademais, Fernández recorda que durante estes tres anos de Goberno de Feijóo se perderon máis de 100 postos de facultativos, 1.000 profesionais sanitarios, como práctica habitual non se substitúe o persoal sanitario nos seus días libres nin nas incapacidades laborais transitorias, e hai denuncias por parte dos representantes sindicais e colexios profesionais polo descenso da calidade asistencial e o incremento inxustificado das listas de espera.

“Hoxe, tres anos despois dun goberno do PP, as listas de espera están peor e hai por primeira vez lista de espera en atención primaria, para o médico de cabeceira”, o que a xuízo dos socialistas é inadmisible.

Por último sinala que a actividade cirúrxica e asistencial vai descendendo nos centros públicos mentres se incrementa nos centros privados e concertados, se deixan de contratar facultativos nos centros públicos, se pechan servizos de hospitais comarcais, e se suspenden Plans e Programas asistenciais que contaban co respaldo dos profesionais.

“Esta é a realidade da xestión do Sr. Feijóo na Sanidade Galega, así que pode prometer o que queira prometer, pero o que leva feito nestes tres anos demostra o pouco que lle preocupa a sanidade pública”, conclúe.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar