Feijóo, "presidente inexistente" diante dos problemas de Galicia

Feijóo, "presidente inexistente" diante dos problemas de Galicia

Feijóo, "presidente inexistente" diante dos problemas de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou hoxe a Feijóo de “presidente inexistente” logo de permanecer “desaparecido” durante o incendio de O Barco e só presentarse “para dar o pésame cando estaba en vías de solución”. Losada solicitou hoxe a comparecencia de Feijóo e os conselleiros de Economía e Traballo, así como a prórroga dos 400 euros do Plan Prepara.

 

O responsable socialista explicou que a estratexia do presidente da Xunta consiste en “desaparecer cando hai problemas, buscar responsables externos e preparar un escenario teatral de corte mediático para colgarse a medalla cando remata o problema co traballo de outros”. Este foi, dixo, a secuencia do incendio de O Barco, que queimou 1.500 hectáreas e que amosa o “fracaso da política preventiva da Xunta”.

 

Lamentou que Feijóo nesta ocasión “non fora tan dilixente como en 2006, cando cooperou coa extinción de incendios”, dixo irónicamente amosando a imaxe de Feijóo apagando un incendio cunha mangueiriña. Sinalou que malia o triunfalismo amosado polo presidente da Xunta, a realidade é que “tivemos un lume de nivel 1, moi grave, con cidadáns en perigo e vivendas arrasadas polo lume no corazón da provincia de Ourense”.

 

Dixo que esta é a consecuencia da decisión da Xunta de recortar en políticas preventivas, protección de núcleos habitados, reducir as franxas de protección forestal, e “hoxe coñecemos que están privatizando os servizos de extinción”.

 

Submisión

 

O portavoz socialista acusou ao presidente da Xunta de replicar a mesma estratexia de desaparición e busca de responsables externos na política económica e de impulso do emprego de Galicia. Criticou que “logo de catro anos facendo de coellos de indias dos recortes, agora aplican de novo a vacuna de maneira disciplinada e submisa” coas instrucións de Madrid.

 

Lamentou que Feijóo continúe insistindo en que Galicia está “mellor posicionada” cando o certo é que a situación empeora cun incremento de 125.000 desempregados dende 2009, e un recorte global do 25 por cento na protección ao desemprego, o PIB á baixa e o índice de produción industrial desplomándose. Criticou que a única medida do PP sexa “implantar un modelo de produtividade en base a salarios baixos”.

 

Os socialistas galegos reclamaron a comparecencia do presidente da Xunta e os conselleiros de Economía e Traballo para dar conta do desleixo da Xunta diante da recesión económica e a intensa redución do emprego. Losada presentou tamén unha iniciativa para prorrogar a axuda de 400 euros do Plan Prepara, que resulta “vital” para parados de longa duración ou os fogares con tódolos seus membros desempregados.

 

Recorte de dereitos

 

Abel Losada subliñou hoxe que os socialistas galegos “non nos sentaremos a negociar ningún recorte de deputados” como o que propón Feijóo porque “agocha un pucheirazo electoral e vai en menoscabo da representatividade, da participación e da dignidade da Comunidade Autónoma”. Instou a “crer na importancia do autogoberno” fronte á estratexia do PP de “menoscabar os parlamentos e as administracións autonómicas”.

 

Advertiu que o PP desenvolve unha axenda recentralizadora e en contra das comunidades autónomas “brutal” secundada en Galicia por Feijóo. Por este motivo amosou a súa negativa a debater o recorte de parlamentarios pero amosou “toda a dispoñibilidade” a asumir aforrar nos custes do Parlamento vía salarios dos deputados e dos membros da Mesa, incluída a presidenta da Cámara.

 

Deste xeito aludiu á proposta presentada por Pachi Vázquez pola que reducindo os salarios dos deputados e equiparando as retribucións dos membros da Mesa, e mantendo o número de escanos, superaba o suposto aforro presentado por Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar