Feijóo preséntase "desacreditado e amortizado" ao debate do Estado da Autonomía

Feijóo preséntase "desacreditado e amortizado" ao debate do Estado da Autonomía

Feijóo preséntase "desacreditado e amortizado" ao debate do Estado da Autonomía

Carmen GallegoA viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, ve a Feijóo “amortizado e desacreditado” de cara ao debate do Estado da Autonomía que comeza mañá no Parlamento. A responsable socialista critica que Feijóo intente paliar con “cambios de imaxe e anuncios publicitarios” o “adelgazamento brutal” que lle ten asestado ao Estado do Benestar nos seus seis anos de goberno.

Gallego augurou que a intervención do presidente da Xunta comezará como un “espectáculo de anuncios publicitarios” que comezarán a “caer polo seu propio peso” na elaboración dos orzamentos que comezará este mesmo mes. Lembra que tódalas promesas feitas polo presidente galego reveláronse posteriormente como “mentira” ao carecer das partidas orzamentarias para executalas.

A deputada socialista considera que de pouco vaille valer ao presidente da Xunta o “intento de golpe de efecto” da pasada semana coa remodelación do Executivo, xa que “da igual quen sexa o titular de sanidade ou de emprego si non cambian as políticas” antisociais do goberno galego. Considera os relevos “puramente estéticos” cando con só un ano de lexislatura por diante resulta “imposible reverter” os recortes aplicados polo PP.

O presidente da Xunta chegará ao seu último debate do Estado da Autonomía, dixo Gallego, co mérito de ter recortado as políticas de emprego dende os 420 millóns de euros de 2009 aos escasos 130 millóns deste ano “tendo mais desempregados”. Dixo que por moito que cambie o titular de emprego, a situación persistirá “mentres non aumente os orzamentos, reforme o servizo público de emprego ou contrate orientadores laborais”.

Sinalou que “da igual que cree unha Consellería de Política Social si o gasto social se ten reducido en mais de oito puntos dende que goberna Feijóo”. Por moito que lle dea a carteira a Rey Varela para paliar a decepción dos concellos do PP, dixo, a situación persistirá mentres manteña unha lista de espera “brutal” en dependencia ou os recortes á loita contra a pobreza mentres só atenden ao 30 por cento de demandantes da Risga.

Lembrou a falla de interese de Feijóo á hora de reivindicar os recortes da dependencia ou do Plan Concertado asestados polo goberno de Rajoy, e instouno a resolver o problema que provocará a supresión de competencias en política social aos concellos pequenos, que entra en vigor o próximo 1 de xaneiro.

Compromiso

Carmen Gallego puxo en dúbida o pretendido “compromiso con Galicia” de Feijóo por canto “de estar realmente comprometido non toleraría que tódolos días se especule coa súa marcha a Madrid”.

Un presidente da Xunta preocupado pola situación dos galegos e galegas, engadiu, debera “traballar contra a pobreza, a desigualdade e o desamparo dunha Galicia cada vez mais minguante con menos poboación e menos presenza en España”, e “non falando de si vai a Madrid ou non cando en realidade está ausente do debate nacional”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar