Feijóo presenta un balance de goberno de dubidosa legalidade e con afirmacións falsas

Feijóo presenta un balance de goberno de dubidosa legalidade e con afirmacións falsas

Feijóo presenta un balance de goberno de dubidosa legalidade e con afirmacións falsas

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Ourense e viceportavoz do Grupo Parlamentario, Noela Blanco, denunciou hoxe que o balance de goberno do presidente da Xunta e candidato do PP foi presentado “coñecendo a súa dubidosa legalidade” para “vender as 25 mentiras” que resumen unha xestión “lesiva para a nosa economía e dramática para os nosos dereitos”.

A candidata socialista acusou ao líder do PP de “continuar como candidato co seu perfil tramposo ao disfrazar a presentación dun balance que a Lei Electoral impide explícitamente no seu artigo 50.1”. Explica que “Feijóo sabe que non pode facer esa presentación como goberno e por iso disfraza a todos os seus conselleiros de candidatos para ofrecer unha imaxe inconcibible na nosa democracia”.

Considera “o colmo da desfachatez” que Feijóo teña presentado, arropado polos membros do seu goberno, un balance de lexislatura a escasos días do comezo da campaña electoral para ofrecere “unha sarta de mentiras co único obxectivo de confundir aos galegos e galegas”.

Engade que o PP presenta un “papel indefendible para agochar a súa mala conciencia” logo dun goberno que atacou ao ensino público e reduciu o gasto en educación ao mínimo, asfixiou ás universidades, ou fixo dos recortes e a privatización a súa sinatura na sanidade pública.

Lembra tamén o retroceso e esquecemento das políticas de igualdade, o abandono e indiferenza cara á emigración, o abandono lamentable da cultura e a marxinación da lingua galega, a paralización das infraestruturas e o abandono do transporte público, unha xestión lesiva co medio ambiente, que levou á industria ao límite da inanición, que errou na promoción económica, recurtou o I+D+i e situou a pesca e a agricultura nunha posición insostible.

Un goberno, sinala, que presume de boa xestión para agochar unha débeda pública récord e que ten “cosido a taxas e repagos a tódolos cidadáns de Galicia”, mentres impón o “sectarismo e a presión recadatoria” nos concellos.

Cartas marcadas

Blanco advirte que o PP “quere gañar xogando coas cartas marcadas e levando a legalidade ata o seu límite”, o que demostra a súa “desesperación” porque “saben que o seu tempo de gracia está chegando ao remate” grazas á alternativa que lidera o Partido Socialista.

Será Leiceaga, engadiu, quen lle terá que devolver á acción de goberno a dignidade e o respecto pola legalidade como lle devolverá aos galegos e galegas os dereitos deturpados durante oito anos de austericidio e de supresión de dereitos sociais.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar