Feijóo pon en perigo a saúde dos mais desfavorecidos a través dun novo "imposto á enfermidade"

Feijóo pon en perigo a saúde dos mais desfavorecidos a través dun novo "imposto á enfermidade"

Feijóo pon en perigo a saúde dos mais desfavorecidos a través dun novo "imposto á enfermidade"

A parlamentaria socialista Carmen Acuña denunciou que a política sanitaria de Feijóo “pon en perigo a saúde dos galegos e das galegas, sobre todo dos mais desfavorecidos”. Así o dixo logo das denuncias do Colexio de Farmacéuticos, que ven de alertar que os galegos e galegas deixan de tomar medicinas e tratamentos médicos “por non poder pagalos”.

 

Acuña considera “gravísimo” que o goberno de Feijóo aplique medidas “inxustas” que “gravan a enfermidade impoñendo un imposto novo no que paga mais quen está mais enfermo”. Considerou tamén “incomprensible” que o presidente da Xunta presuma de saneamento “mentres os nosos doentes deixan de tomar fármacos pola falla de recursos”.

 

Advertiu que a Xunta aplauda a implantación do copago en Galicia mentres en Alemaña o retiran “por inútil”, xa que, lembrou, “é moito mais barato previr que curar”. Criticou tamén a “incoherencia” da Xunta por presumir onte de “envellecemento saudable” mentres hai pensionistas galegos, coas pensións mais baixas, que non poden pagar o mínimo de 30 euros que lles supoñen o copago e o medicamentazo.

 

A responsable socialista, que foi secretaria da Mesa da Comisión de Sanidade na pasada lexislatura, anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para repoñer o financiamento público dos medicamentos. Augurou ademais o “apoio do PP” por canto o seu portavoz de Sanidade afirmou durante a campaña electoral a oposición ao medicamentazo –retirada do financiamento de determinados fármacos pola rede pública-.

 

Criticou así toda a política farmacéutica do PP, que comezou co catálogo de fármacos “implantado a golpe de machada e que a conselleira Farjas non o aplicou cando se foi a Madrid”. Acuña esixiu que expliquen “cánto se aforrou con este modelo e ónde foron eses cartos” que por Lei deberan ser destinados á atención primaria.

 

Sinalou que malia presumir de aforro “a Xunta mantén paralizado o Plan de Mellora da Atención Primaria, non construíu un só centro de saúde novo e privatizou a Unidade de Seguemento da Tuberculose”.

 

Considera “incomprensible” a privatización dun servizo modelo coma este que, unido ao sobrecuste do financiamento público privado do Hospital de Vigo, auguran unha “burbulla sanitaria” á que se desprazan as fortunas procedentes do sector inmobiliario “moi relacionadas co PP”.

 

Perversidade

 

A responsable socialista criticou a “perversidade” da mensaxe lanzada dende o PP e o goberno galego “para que a xente asumira sen moita queixa o copago e o medicamentazo”. Dixo que mentres o goberno anunciaba que “vou cobrar pero pouquiño”, a realidade é que “o doente non ten que pagar nada de nada, porque a realidade é que o que aforra o Goberno é o que paga o pensionista polos medicamentos”.

 

Engadiu que estas medidas impoñen unha “disuasión selectiva dirixida ao pobre” e advertiu que mentres o PP anuncia o remate do despilfarro de medicamentos, a realidade é que “este rematou coa implantación da receita electrónica polo goberno socialista de Touriño”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar