Feijóo podería suprimir o Consello Galego da Competencia aos tres anos da súa creación

Feijóo podería suprimir o Consello Galego da Competencia aos tres anos da súa creación

Feijóo podería suprimir o Consello Galego da Competencia aos tres anos da súa creación

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, alertou da intención do goberno galego de suprimir o Consello Galego da Competencia, creado en 2011. Así o dixo na comparecencia do titular deste órgano no Parlamento, onde advertiu que Feijóo quere substituílo polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

González Santín denunciou a clara contradición entre os anuncios de Feijóo de impulsar o organismo e a realidade da redución dos seus orzamentos dende os 897.000 euros que sumaban en 2009 o Tribunal Galego de Defensa da Competencia e o Servizo Galego da Competencia, orixe do órgano, e os apenas 484.000 euros cos que contou en 2013.

Ademais, advertiu que a Memoria de Actividades do anteproxecto de Lei de Racionalización da administración autonómica en 2014 prevé a creación dun novo organismo autónomo, o Instituto Galego de Consumo e Competencia, que implicaría a supresión do Consello.

Sen embargo, advertiu que na instrución da Xunta para a elaboración dos orzamentos de 2015, publicada no DOG o venres 6 de xuño, continúan sendo dous organismos separados, situando ao Consello Galego da Competencia dependendo da Consellería de Facenda e ao Instituto Galego de Consumo dentro de Economía.

Diante desta contradición, reclamou que o organismo e o goberno galego “aclaren a viabilidade e continuidade futura do organismo”, e acusou á Xunta de provocar unha “fonda inquedanza” logo de comprometerse a reforzar o organismo cando tanto Madrid como Castela A Mancha e Castela León anunciaran a súa supresión. González Santín defendeu hoxe un “mercado libre pero regulado polas administracións públicas”.

Mercado do leite

O responsable socialista salientou a necesidade dun traballo eficaz destes órganos responsables de velar pola competencia en Galicia, unha labor que “redunda no beneficio da sociedade e das empresas” estimulando tanto o consumo como o emprendemento. Neste sentido recomendoulle ao responsable do CGC que analice a situación do mercado do leite galego diante da desaparición do sistema de cotas no próximo ano.

Alertou que a liberalización do mercado permite a entrada de oligopolios que provocarán unha difícil situación para os produtores galegos con prezos mais reducidos que fagan imposible a competencia para os produtores propios con prácticas en ocasións irregulares. Apostou pola existencia dun organismo de defensa da competencia a nivel autonómico que “cando menos poida poñer de manifesto a existencia destas prácticas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar