Feijóo perpetra "un gran engano a Galicia" ao consolidar Ence en Lourizán a través da Lei de Costas

Feijóo perpetra "un gran engano a Galicia" ao consolidar Ence en Lourizán a través da Lei de Costas

Feijóo perpetra "un gran engano a Galicia" ao consolidar Ence en Lourizán a través da Lei de Costas

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou a Feijóo e ao conselleiro de Medio Ambiente de perpetrar un “gran engano a Galicia e Pontevedra” ao votar no Parlamento a favor do traslado de Ence e aprobar agora a súa continuidade outros 75 anos a través da Lei de Costas.

Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento, na que lembrou que a Xunta agocha o suposto canon anual asignado á pasteira pola ocupación dos terreos. Na súa intervención, Vilán acusou ao PP de ter “agochado” a súa postura real favorable á continuidade da factoría utilizando o Parlamento “como instrumento electoral, sabendo que mentían, o que en xustiza se chama prevaricación”.

A responsable socialista aludiu así ás declaracións do presidente do PP de Pontevedra e da Deputación Provincial, Rafael Louzán, e o presidente da compañía, Juan Luis Arregui, satisfeitos coa moratoria de 75 anos que permitirá a Lei de Costas. Vilán sinala que a realidade é que a Xunta “utiliza o Parlamento de forma torticeira para intentar logo ampararse nas decisións de Rajoy”.

Dixo que o presidente da Xunta “deberá cesar de modo inmediato a Louzán si pretende que as súas votacións neste Parlamento e no concello de Pontevedra, favorables ao traslado teñan a mínima credibilidade”, tal e como reclamou onte o parlamentario socialista pontevedrés no Congreso Guillermo Meijón.

Lembrou que o Parlamento aprobou por unanimidade unha iniciativa socialista na pasada lexislatura para que a Xunta atope unha nova ubicación respectuosa co medio ambiente fóra da ría de Pontevedra.

Canon

A parlamentaria socialista acusou á Xunta de “xogar ao gato e ao rato” coa súa relación con esta empresa “que os cidadáns de Pontevedra padecemos dende 1959”, ao preguntarlle polo canon que paga pola utilización dos terreos. Na súa pregunta advertiu que a día de hoxe “a sociedade galega descoñece cal vai ser o novo canon anual asignado a Ence pola ocupación dos terreos, e mesmo descoñece cal é o canon anual actual”.

Acusou ao goberno galego de ter agochada a contía que supostamente lle entrega a pasteira cada ano pola ocupación e aproveitamento do dominio público marítimo – terrestre, tal e como determinan as leis de costas anterior e a aprobada esta semana. Dixo que a Xunta provoca “inseguridade absoluta” ao ofrecer unha “resposta imprecisa” agochando os verdadeiros datos.

O resto é vivir en inseguridade absoluta, resposta insegura, imprecisa, xoga, como xogaron ata agora ao gato e ao rato, cos cidadáns de Galicia, fundamentalmente os de Po, padecer dende 59

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar