Feijóo permite que o PP vote en contra no senado dun plan de emprego para Galicia dotado con 50 millóns de euros

Feijóo permite que o PP vote en contra no senado dun plan de emprego para Galicia dotado con 50 millóns de euros

Feijóo permite que o PP vote en contra no senado dun plan de emprego para Galicia dotado con 50 millóns de euros

cola-del-paroO portavoz dos socialistas galegos no Senado, Ricardo Varela, lamenta que o presidente de Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quedase hoxe de novo retratado tras unha votación no Senado na que o PP non apoiou unha emenda impulsada polo PSOE para destinar 50 millóns de euros a un Plan de Emprego para Galicia. “Ou perdeu o peso que dicía ter en España ou pensa máis en Rajoy que en Galicia”, sostén.

“Parece mentira que tres galegos como Feijóo, Rajoy e o portavoz do Partido Popular no Senado, José Manuel Barreiro, permitan esta discriminación de Galicia con respecto a Andalucía, que contará cun plan de emprego de 200 millóns, ou Extremadura, que terá un de 50 millóns”, afirma Varela

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, reclamoulle hai uns días a Feijóo que “falase cos senadores galegos e españois” e utilizase a súa suposta influenza para que aprobaran esta emenda “non en favor dos socialistas, senón en favor de Galicia”.

O plan de 50 millóns de euros tiña como obxectivo impulsar o emprego da mocidade, mulleres e desempregados maiores de 45 anos. A proposta xurdiu do remate en 2013 do Plan europeo para as rexións Obxectivo Converxencia, no que Galicia, Castela – A Mancha, Andalucía e Estremadura percibían fondos por ser obxectivo prioritario.

A partir daquel momento tanto Galicia como Castela – A Mancha desapareceron do reparto de fondos comunitarios por un “criterio político marcado polo PP e por Rajoy en Madrid”. Ante esta situación de “clara discriminación”, os socialistas presentaron unha emenda ao trámite dos orzamentos no Senado cunha partida de 50 millóns de euros para impulsar o emprego nos colectivos mais desfavorecidos, pero hoxe o PP votou en contra.

En opinión de Varela, esta emenda “era de xustiza, porque suporía repoñer nas políticas do Estado os criterios cos que a UE manda os cartos para España” a través do Fondo Social Europeo para axudar ás rexións que están por debaixo da media do PIB. “Non ten sentido que Andalucía ou Extremadura teñan un Plan de Emprego e Galicia e Castela – A Mancha non o teñan”, engade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar