Feijóo pasou de prometer 63 centros de saúde a só 15, e só 9 deles están hoxe en construcción

Feijóo pasou de prometer 63 centros de saúde a só 15, e só 9 deles están hoxe en construcción

Feijóo pasou de prometer 63 centros de saúde a só 15, e só 9 deles están hoxe en construcción

DependenciaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña lembrou que o presidente da Xunta pasou de prometer 63 centros de saúde en 2010 a tan só 15 en 2015, moitos deles cos servizos privatizados e concedidos á empresa Cofely, implicada na trama Púnica, “mesmo antes de construílos”.

Criticou que os 15 centros comprometidos por Feijóo para este ano teñan visto os seus servizos privatizados en favor da empresa Cofely, presunto eixo da trama de corrupción investigada na operación Púnica, mesmo antes de ser construídos. Esta empresa xa ten concedidos os proxectos, as obras, a seguridade, o mantemento e conservación ou a instalación e mantemento de subministro enerxético.

Advertiu que mesmo estes 15 centros de saúde están en risco pola falla de financiamento do goberno galego, que quere adscribilos aos fondos Feder da UE para o periodo 2007 – 2013. Como están fora de prazo, explicou, poden adherirse á prórroga de dous anos para acoller as partidas, pero require que a finais de 2015 estean rematados e funcionando.

Non parece ser o caso de boa parte destes 15 centros, xa que só 9 están en marcha a día de hoxe –Arteixo, Buño, Galeras, O Couto, Panxón, Oia, Tui, Gondomar e Marín-, dos cales só Buño, Oia e Panxón teñen previsto o seu remate neste mesmo ano, co que os seis restantes deberán ser construídos con fondos propios exclusivamente.

Entre os 6 restantes, dous aínda están pendentes de adxudicación –Cambre e Culleredo-, 1 sen licitar –Barbadás- e 3 pendentes de supervisión dos proxectos –Ares, Pontedeva e A Capela-.

Salceda de Caselas

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, lamentou que a Xunta confirmara hoxe a renuncia a construír un novo Centro de Saúde en Salceda de Caselas. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade de hoxe, á que o goberno respondeu confirmando que non fará a obra.

Acuña cualificou de “escusa de mal pagador” que o goberno se agoche detrás da falla de terreo para non construír o novo centro xa que, lembrou, non está nos orzamentos do goberno para 2015 e mesmo o PP rexeitou no seu día unha emenda socialista ás contas da Xunta para incluír a obra.

A responsable socialista cualificou ao presidente da Xunta de “trilero político” logo de sinalar que o Centro de Saúde “desapareceu das previsións” do goberno galego logo de formar parte dos 63 que Feijóo comprometera en 2010 e que se viron reducidos a tan só 15 para o ano 2015 entre os que lamentablemente non se atopa Salceda de Caselas.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista esixiulle ao goberno que cando menos se comprometan coa mellora da accesibilidade do centro actual, nomeadamente en canto ao servizo de Pediatría, “actualmente nunha primeira planta sen acceso posible para os carritos de bebé”.

Lembrou o encontro do grupo municipal socialista co xerente da Área Sanitaria de Vigo, que se comprometeu a enviar unha unidade técnica para analizar a mellora das infraestruturas, si ben ao día seguinte deixou o seu cargo. Acuña reclamoulle á Xunta que manteña dito compromiso e propuxo, como solución alternativa, habilitar un local municipal para instalar dúas novas consultas de pediatría.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar