Feijóo pasará á historia por recortar dereitos aos galegos e galegas e colocar ao país na senda do empobrecemento

Feijóo pasará á historia por recortar dereitos aos galegos e galegas e colocar ao país na senda do empobrecemento

Feijóo pasará á historia por recortar dereitos aos galegos e galegas e colocar ao país na senda do empobrecemento

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, dixo que Feijóo “pasará á historia como o presidente que por primeira vez recortou os dereitos aos galegos e galegas e colocou ao país na senda do empobrecemento”. Así o dixo na sesión de control ao Goberno no que preguntou pola falla de medidas para garantir a prestación de servizos públicos.

Pachi Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta que “en vez de andar de paseo por Andalucía visite os hospitais do noso país para ver o que está pasando”. Neste sentido, dixo que “vostede e a conselleira de Sanidade os únicos que non ven o colapso sanitario de Galicia” porque “non lle preocupa” que haxa pacientes 72 horas “almacenados” en urxencias, sen camillas, aprazando as citas e cobrando pola tarxeta sanitaria”.

O líder dos socialistas galegos advertiu que a Lei de recortes aos funcionarios aprobada onte provocará un “incremento exponencial de pacientes que non van ter asistencia”. Estes sumaranse ás 429.000 persoas en espera para consulta, os 50.000 que permanecen en espera cirúrxica e os 120.000 pendentes dunha proba diagnóstica” e reclamoulle que “empece por pagar as facturas que ten nos caixóns dende xullo do ano pasado.

Advertiu que o presidente da Xunta “pasou de durmir en San Caetano defendendo aos funcionarios –cando era interino en 1988- a ser o que pon o pé no pescozo aos traballadores e traballadoras do país”.

Aclaroulle así a Feijóo que “quen se pecha nos edificios, quen sae ás rúas é contra vostede”, “son aos que enganou” cando comprometeu en 2009 estabilidade, promoción profesional e un novo sistema de retribucións axeitado ao Sistema Nacional de Saúde.

Pachi Vázquez sinalou que cando fan 3 anos das eleccións autonómicas, Feijóo fracasou nos cinco piares da súa xestión, a creación de emprego, a fusión das caixas para constituír a quinta entidade de España, o impulso do Plan Eólico, a blindaxe dos servizos públicos básicos e a eficacia da administración pública.

Dixo así que “en vez de blindar os servizos públicos, pasará á historia como o presidente dos recortes, da privatización e do copago nos servizos públicos”, e que “en vez de mellorar a administración encabeza un ataque radical para reducir a eficacia da administración”.

Senda do decrecemento

Pachi Vázquez dixo que “pásalle como a Rajoy, que di unha cousa e fai a contraria, e hoxe –coa aplicación da suba do IRPF á nómina- toda Galicia vai comprobar as verdades de cómo baixan os impostos”. Sinalou que “mentres hai tres anos garantía que situaría ao país na senda do crecemento, a realidade é que colocouno na senda do decrecemento e das dificultades”.

Engadiu que en lugar de diminuír o paro “é o presidente que mais emprego destruíu na historia de Galicia” incrementando os desempregados ata 271.000 persoas e cun horizonte de 300.000 este ano. Ademais, en lugar de crear a quinta caixa de Galicia “é o presidente do fracaso estrepitoso do sistema financeiro e co que desapareceron as entidades”.

Dixo que en lugar de facer do Plan Eólico a “columna vertebral do desenvolvemento económico” a realidade é a “paralización e perda sen mais razón que a o sectarismo”, en lugar de investir 6.000 millóns e acadar 14.000 postos de traballo, como tiña comprometido a Xunta.

Explicou que “a realidade de hoxe é que non hai crédito para as empresas nin para as familias, a actividade industrial está destrozada, non hai emprego, a destrución do emprego é a tónica xeral en Galicia, e os servizos públicos caen en barrena”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar