Feijóo ten paralizada a recuperación da Tinería de Lugo dende 2009

Feijóo ten paralizada a recuperación da Tinería de Lugo dende 2009

Feijóo ten paralizada a recuperación da Tinería de Lugo dende 2009

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno de Feijóo de ter paralizada a recuperación do barrio da Tinería, en Lugo, dende a súa chegada ao goberno. A responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión na que criticou o “desleixo” demostrado pola Xunta fronte a este barrio no entorno de 3 Patrimonios da Humanidade, como son a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo, onde hai 35 inmobles en ruína.

Burgo lamenta que o actual goberno “retardara ata case a parálise” dende 2009 o forte impulso concedido polo goberno do socialista Emilio Pérez Touriño á recuperación deste patrimonio.

Acusou a Cultura de “deixar degradar edificios de importante valor cultural, como a casa medieval coñecida como Hospital de San Miguel, adosada á muralla e propiedade da Sociedade do Xacobeo, así como o Pazo de dona Urraca, titularidade do IGVS”. Censurou a “manga ancha” do goberno galego cos inmobles da súa titularidade que “non terían no caso de edificios de propiedade privada”.

Lembrou que o Pazo, que está “preto da ruína”, atópase integrado na Unidade de Intervención 8, na que a Xunta “non fixo absolutamente nada dende 2009, e mais tiraron ao lixo preto de 300.000 euros dos proxectos edificatorios realizados polo goberno de Touriño”.

Acusou ao goberno galego de preocuparse unicamente de “tirar balóns fora” e acordarse do barrio tan só porque “estamos preto dun período electoral e saben que en Lugo hai moitísima crítica por este abandono”.

Sinalou que Lugo “non pode perder este importante patrimonio nin pode ofrecer esta imaxe de abandono dende o seu monumento máis emblemático, como é a Muralla e ao lado da Catedral. Sinala que “non é de recibo a imaxe que está dando aos visitantes nesta zona tan emblemática do centro histórico da cidade porque a Xunta non cumpre coas súas obrigas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar