Feijóo paraliza outra vez o desdobramento do corredor do Morrazo

Feijóo paraliza outra vez o desdobramento do corredor do Morrazo

Feijóo paraliza outra vez o desdobramento do corredor do Morrazo

A parlamentaria socialista Carmen Gallego esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que explique “por qué volve paralizar o desdobramento do Corredor do Morrazo”. Gallego presentará unha serie de iniciativas parlamentarias para esixir o cumprimento dunha obra que leva paralizada xa catro anos e resulta “fundamental para garantir a seguridade deste corredor da morte”.

A parlamentaria do Morrazo advirte que o goberno de Feijóo ven de certificar “unha vez mais a través dos medios de comunicación que non vai iniciar os traballos de desdobramento do Corredor, por mais que recoñecen que é a obra que debera acometerse en primeiro lugar”.

Gallego presentará por este motivo unha interpelación parlamentaria para que a Xunta explique no Morrazo e dende o Goberno da Xunta “por qué levan catro anos enganando á poboación desta comarca, que percibe o vial como un auténtico corredor da morte”. Sinala ademais que as medidas de seguridade viaria xa implantadas pola Xunta “só supoñen mais risco e mais perigo para a condución, especialmente en horario nocturno”.

A responsable socialista sinala que as familias das vítimas deste vial, que entrou en funcionamento en 2005, están “indignadas”, os veciños e veciñas son solidarios na súa dor e indignación, unha posición que “choca coa impasividade do goberno de Feijóo á hora de paliar as graves deficiencias da infraestrutura”.

Lembra que “si a Xunta fixera con dilixencia o seu traballo, o desdobramento do Corredor debera estar rematado antes do remate de 2012”, si ben “hoxe vemos o resultado de catro anos de lexislatura de Feijóo nos que a súa única xestión foron escusas e mentiras”. Lembra que a obra foi proxectada en 2008 polo goberno de Touriño, si ben o goberno do PP “perdeu catro valiosos anos na pasada lexislatura” ao frear esta obra.

Sinala que o “grave balance de vítimas mortais no Corredor” demostran que as medidas anunciadas polo goberno de Feijóo son “absolutamente ineficaces”, e por iso pregúntalle “ata cantas vítimas mais soportará o goberno galego no Corredor do Morrazo antes de que Feijóo cumpra co compromiso do seu desdobramento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar