Feijóo non ten ningunha vontade política de impulsar a fusión dos concellos

Feijóo non ten ningunha vontade política de impulsar a fusión dos concellos

Feijóo non ten ningunha vontade política de impulsar a fusión dos concellos

O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista Jose Luis Méndez Romeu interveu na Comisión 1ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas previstas polo Goberno de Feijoo para a fusión dos concellos de Galicia, e os graos de consenso político e social pretendido.

Méndez Romeu dixo que a Xunta recoñeceu no Parlamento “que ata o queda de lexislatura non vai ocorrer nada con este asunto”, porque que ten que decidir ao final “é o Goberno de España, que nestes momentos non esta inmerso neste debate”. Por iso demandou ao Goberno da Xunta “impulsar a racionalización na prestación de servicios e facer un prantexamento da planta municipal”, pero puntualizou “sempre e cando se faga dende o consenso”.

Dixo que as areas de cooperación entre concellos hai que incentivalas mediante formulas de cooperación. Pero denuncia que cos orzamentos de Feijoo “niguen vai a cambiar o modelo de traballo”, e advirte “da nula actuación incentivadora da Xunta nos procesos de agrupamento de servicios”, como por exemplo en urbanismo.

O deputado aludiu ás constantes declaracións “contrapostas entre si” realizadas polo PP sobre a fusión de concellos, tanto como polo Presidente da Xunta, o Presidente da Deputación da Coruña e o de Pontevedra, Alcaldes e mesmo o Presidente da Fegamp. Lembrou o fracaso da fusión das caixas galegas impulsada polo Goberno de Feijoo “este mala practica non anima a unha fusión de entes locais”, espetou.

Dixo que Feijoo nestes tres anos de Goberno “non impulsou ningunha iniciativa, ningún acordo e nin ningunha medida para impulsar a alianza de concellos”.

FEGAMP

Sinalou que a propia Fegamp demandou, entre outros temas, a modificación da planta municipal “pero aínda non foron convocados”. Demandaron ademais “unha nova lei de administración local, unha nova lei de facenda local, a plena execución do pacto local”, e reclamaban tamén “que atribución de competencias fora acompañada sempre con suficiente capacidade financeira”, para aplicar as leis.

Méndez Romeu afirmou que a Fegamp amosou sempre unha actitude construtiva, pero insistiu nas súas criticas “a Xunta da as costas aos concellos de Galicia”. O deputado dixo que o Goberno de Feijoo non ten “ten ningunha vontade de consenso no cambio político e organizativo das corporacións municipais de Galicia”.

Lembrou ademais que o pasado mes de decembro o PP rexeitou unha moción no Parlamento para crear unha Comisión non permanente especial, que propoña as medidas normativas, organizativas e políticas necesarias para adaptar as corporacións locais á actual conxuntura económica e ás novas demandas sociais.

Ademais preguntou “si se van a suprimir os concellos de menos de 5.000 habitantes en Galicia?, xa que serian 200”. E concluíu “significa isto algún aforro real?”, xa que sinala que so se aforrarían 19 millóns de euros, que son os que adican aos seus órganos de Goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar