Méndez Romeu: "Feijóo non se atreve a celebrar o Congreso antes das eleccións por medo á contestación interna"

Méndez Romeu: "Feijóo non se atreve a celebrar o Congreso antes das eleccións por medo á contestación interna"

Méndez Romeu: "Feijóo non se atreve a celebrar o Congreso antes das eleccións por medo á contestación interna"

O viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, advertiu que Feijóo “non se atreve” a celebrar un Congreso antes das eleccións autonómicas por “medo” á contestación interna. Dixo que ven de adialo “indefinidamente” porque “non ten o apoio dos seus”.

O responsable socialista dixo que no PP “ou herdan os postos ou adían por medo ao debate” porque do contrario “terían que escoitar as críticas” e “temen someter a súa xestión a xuízo”. Sinalou que o Congreso do PP de Sevilla evidenciou que a posición do presidente da Xunta ficou “fortemente desairada”, tomando as decisións de costas aos seus plantexamentos.

Sinalou que mentres Feijóo “non se atreve”, os socialistas están en pleno proceso de debate interno que concluirá dentro de 15 días cunha “alternativa política e programática ao Goberno do PP” e baixo unha dirección “forte e unitaria”. Dixo que o debate no interior do PSdeG-PSOE celébrase “en torno á alternativa política que será presentada na próxima convocatoria electoral”.

Fusión de concellos

Méndez Romeu advertiu tamén que o presidente da Xunta ven de “rebaixar o ton” do debate sobre a fusión de concellos, pasando de presentarse como impulsor do proceso a dicir onte que se limitaría a apoiar as propostas dos concellos. Subliñou que “isto e nada é o mesmo”, xa que o Goberno galego “carece de estratexia” neste eido.

Criticou que a Xunta “escúdase no Goberno central, que pola súa banda garda un prudente silencio” sobre este debate e lembrou que noutros países da UE nos que se ten dado “sempre comezaron con acordos previos ao máis alto nivel” entre os máximos responsables políticos.

Dixo que mentres o PP rexeitou as propostas socialistas para constituír unha Comisión parlamentaria que encete os procesos de fusións, o Goberno galego “carece por completo dunha estratexia local, nin cumpre o Pacto Local”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar