Feijóo non quere saír na foto con Rajoy e Baltar, pero son dúas caras da mesma moeda

Feijóo non quere saír na foto con Rajoy e Baltar, pero son dúas caras da mesma moeda

Feijóo non quere saír na foto con Rajoy e Baltar, pero son dúas caras da mesma moeda

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que Feijóo queira “agocharse” e “evitar saír nas fotos con Rajoy e Baltar, cando son dúas caras da mesma moeda”. Así o dixo nunha comida mitin en Ourense acompañado polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e a cabeza de lista pola provincia, Noela Blanco.

Fernández Leiceaga advertiu que o presidente da Xunta estea evitando “a toda costa” comparecer ao carón de Rajoy durante a axenda que este ten para toda a semana. Advirte que “sabe que lle prexudicará electoralmente, pero non pode agochar as súas políticas, letais para Galicia, que nesta provincia aínda teñen que engadirlle as consecuencias da xestión de Baltar dende a Deputación Provincial”.

Ademais ironizou co parque acuático de Feijoo para Ourense, unha “broma, salvo que queira que o utilicen os helicópteros para coller a auga contra os incendios. Abogou por facer un esforzo “polo equilibrio territorial, para conseguir unha provincia de Ourense dinámica, frente a provincia que deixan Feijóo e Baltar”, esmorecida e vítima do despoboamento e dos incendios forestais.

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, revindicou o esforzo en infraestruturas da etapa do ex presidente socialista, Emilio Pérez Touriño. “Fronte ao tramo con peaxe da autopista de Santiago de Compostela con Ourense de Feijoo, o goberno socialista de Pérez Touriño construíu o tramo gratuíto de autopista co obxectivo de vertebrar a provincia e impulsar o seu desenvolvemento.

Para rematar fixo un chamamento aos indecisos para “poñer fin os catro anos de recortes sociais”, e apelou ao PSdeG como “única opción para liderar o cambio e representar o desexo maioritario de cambio en Galicia”.

O candidato socialista participou nun xantar mitin no que tamén interviñeron o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e as candidatas 1 e 3 da provincia, Noela Blanco e Carmen Rodríguez Dacosta, respectivamente.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar