Feijóo non moveu un dedo para prorrogar as axudas a desempregados e garantir a sanidade universal e gratuíta

Feijóo non moveu un dedo para prorrogar as axudas a desempregados e garantir a sanidade universal e gratuíta

Feijóo non moveu un dedo para prorrogar as axudas a desempregados e garantir a sanidade universal e gratuíta

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe o “cinismo político en tempo preelectoral” amosado por Feijóo, quen “non moveu un dedo” para prorrogar as axudas a desempregados de longa duración e garantir a sanidade universal e gratuíta. Criticou que logo de pedir o voto para Rajoy “agora di que non vai aplicar as súas políticas pero a realidade é que non fai nada”.

 

A responsable socialista dixo que o presidente da Xunta “fai declaracións para quedar de guai en temas tan espiñentos como a prórroga das axudas do Programa Prepara e a asistencia sanitaria universal e gratuíta”. A realidade, dixo, é que non fai nada “para evitar que se perpetre este novo atentado contra os traballadores e traballadoras mais castigados pola crise”.

 

Reclamoulle ao presidente da Xunta que “empece por esixir ao seu goberno amigo que convoque un Consello de Ministros de inmediato para prorrogar estas axudas”. Lembrou que mañá, 15 de agosto, remata o programa Prepara, posto en marcha en setembro de 2090, para ampliar a protección social aos parados e paradas que xa esgotaron as súas prestacións por desemprego e subsidios”.

 

Advertiu que, de non prorrogar o Plan, os socialistas presentarán no primeiro Pleno do próximo período de sesións unha iniciativa para que Feijóo “terá que votar e retratarse” e “si non o fai será porque unha vez mais a súa actuación é unicamente mediática, de novo teatro”.

 

Sanidade universal

 

Carmen Gallego apuntou que os socialistas presentarán unha iniciativa parlamentaria para “restaurar a universalidade da asistencia sanitaria” porque, dixo, “dende que goberna Feijóo a sanidade pública xa non é gratuíta, e dende que goberna Rajoy xa non é universal”. Lembrou que os mozos e mozas galegos de mais de 25 anos que non tiveron traballo “grazas a Feijóo e Rajoy non teñen dereito á asistencia sanitaria”.

 

A esta situación súmase que lle teñan obrigado “repagar as medicinas aos pensionistas galegos, coas pensións mais baixas do Estado”, mentres “Feijóo é o cómplice necesario de Rajoy para non atender na sanidade pública aos que non están asegurados, como poden ser os inmigrantes”.

 

Advertiu que “o presidente Feijóo segue ausente, pasando olimpicamente dos problemas de Galicia e das galegas e dos galegos” e “continúa desaparecido sen poñer en marcha unha auténtica política forestal para Galicia que poña en valor o noso monte”. Lembrou que teñen recortado “nada menos que 22 millóns de euros na prevención cos resultados que estamos observando”.

 

Dixo que “o goberno galego é o responsable de ter o monte abandonado e sen tarefas de prevención, e despois cando arde xa non hai ninguén que o apague”, como no caso do incendio de O Barco de Valdeorras, que en só 2 días consumiu a lo menos 1.500 hectáreas.

 

Incidentes

 

Carmen Gallego comezou a súa intervención de hoxe lamentando os incidentes producidos onte entre as forzas de seguridade e os medios de comunicación na chegada dos deportistas galegos que participaron nos xogos olímpicos de Londres. A responsable socialista esixiulle á Delegación do Goberno en Galicia “unha explicación a esta actuación policial a todas luces desproporcionada”.

 

Gallego felicitou sen embargo aos deportistas galegos Javier Gómez Noya, Begoña Fernández, Tamara Echegoyen, David Cal e Teresa Portela polos seus resultados nas olimpiadas, e trasladoulles “a nosa noraboa para todas e todos eles e o noso agradecemento por traer as únicas boas novas para este país nestes días”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar