Feijóo, no "centro da trama" de financiamento ilegal do PP

Feijóo, no "centro da trama" de financiamento ilegal do PP

Feijóo, no "centro da trama" de financiamento ilegal do PP

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu hoxe que Feijóo está a ser situado “no centro dunha trama que debe explicar”. Na sesión de control ao presidente do Parlamento, o portavoz socialista dixo que o presidente da Xunta atópase “cercado por escándalos de financiamento ilegal do PP que permite, tolera ou desculpa”.

Méndez Romeu aludiu aos sumarios xudiciais que están a ser coñecidos e que “imputan por financiamento ilícito a dirixentes do seu partido nas catro provincias galegas” dos que o responsabilizou como presidente “por acción ou por omisión”. Na súa opinión, o presidente da Xunta debera estar “preocupado cando non abochornado polos continuos escándalos que rodean aos seus colaboradores”.

O responsable socialista sinalou que nin sequera a actuación industrial do goberno galego escapa á sospeita, e preguntou así “qué pintaba nas negociacións con Pemex o seu particular pequeno Nicolás, o conseguidor” da trama do financiamento irregular de cursos de formación investigados na Operación Zeta. Aludiu así ao empresario amigo de Feijóo investigado Pachi Lucas.

Méndez Romeu puntualizou que “non nos interesa a súa vida privada, pregúntolle por quen no seu nome actúa de correveidile, testaferro ou comisionista en asuntos oficiais”, protexido polo “silencio encubridor” de Feijóo. Criticou que Feijóo rexeite explicar “a quén representaba” no proceso de negociación, e engadiu que “cal era o seu papel” cando “non se lle coñece cualificación empresarial ou industrial”.

Naval

O portavoz do Grupo Socialista cuestionou a xestión do goberno galego no naval, nomeadamente en relación a Pemex, onde “prometeu un maná de 247 millóns de euros, 2.500 empregos directos e 14 remolcadores, e a realidade é un barco e medio”. Ademais, cando Feijóo prometeu que a empresa construiría unha base loxística en A Coruña cun investimento de 70 millóns de dólares, “hai 0 euros e Pemex anunciando que abandona”.

Acusou a Feijóo de situar ao naval no “mínimo histórico de carga de traballo”, mentres o modelo industrial da Xunta “obriga a que os traballadores teñan que ceder os seus salarios, retribucións e dereitos laborais para manter en funcionamento as plantas industriais”. Reclamoulle “humildade, fale dos problemas das persoas e non poña en dúbida o mérito dos traballadores, que son os que permiten que as empresas funcionen”.

Méndez Romeu sinalou que a xestión de Feijóo provocou que o Índice de Produción Industrial estea “á cola de España”, a evolución demográfica revela unha “evolución catastrófica da poboación” cos peores datos do Estado sen que se coñeza ningunha iniciativa seria do goberno galego.

Finalmente, lembrou que Bruxelas está a poñer en dúbida a prestación de 900 millóns de euros do Plan de Desenvolvemento Rural para financiamento de proxectos en Galicia pola falla de consenso coas organizacións implicadas. Sinalou que “está moi ben facerse fotos nos congresos dos agricultores, pero moito mellor dialogar con eles, resolver as multas de Bruxelas e non perseguilos xudicialmente” en alusión a Unións Agrarias.

Engano a empresarios

O portavoz socialista advertiu que Feijóo ten “moito que tapar en asuntos aos que non quere contestar e moi pouco que dicir noutros dos que acaba de sinalar”. Lembrou que o presidente da Xunta “enganou a empresarios solventes para que investiran en NGB logo de contratar unha auditoría tramposa e secreta”.

Dixo que a xestión de Feijóo neste sentido céntrase en que “os grandes empresarios que crean empregos son enganados, os pequenos empresarios deshonestos son primados co financiamento do Igape e as empresas normais son permanentemente boicoteadas con procedementos eternos”.

Citou os casos de Alimentos Lácteos, Laboratorios Nupel, o Palacio de Sober, Ferrol Container, Procesoil ou as tramas de directivos do Igape “onde aparecen tantos dirixentes do PP”. Mentres, lamentou, o informe Foesa sobre pobreza advirte que hai 600.000 galegos e galegas en risco de pobreza ou exclusión, “tantos como toda a poboación de Lugo e Ourense”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar