Feijóo négase a explicar a súa relación con Marcial Dorado cando este se dedicaba ao narcotráfico

Feijóo négase a explicar a súa relación con Marcial Dorado cando este se dedicaba ao narcotráfico

Feijóo négase a explicar a súa relación con Marcial Dorado cando este se dedicaba ao narcotráfico

A deputada socialista Marisol Soneira esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que explique a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado no momento en que este exercía as súas actividades criminais e viaxaba a Andorra a branquear diñeiro. Así o dixo no debate dunha interpelación que presentou logo de coñecer o fallo da Audiencia Nacional contra o criminal arousán.

Soneira presentou na tribuna a imaxe publicada polos medios de comunicación na que Feijóo, daquela número dous da Consellería de Sanidade, compartía unha viaxe polo Mediterráneo co narcotraficante nun iate, o “Oratus”, que daqueal tiña unha baliza localizadora porque a policía sospeitaba que era empregado para o narcotráfico.

Naquelas mesmas datas, nos anos 90, a amizade do actual presidente da Xunta con Dorado coincidía cunha actividade criminal que contribuíu á coñecida como “xeración perdida” de Galicia polos efectos da droga. Unha actividade, lembrou, asociada a axustes de contas, secuestros, asasinatos e corrupción xeralizada que “ata ben pouco só asociabamos con Colombia ou o sur de Italia.

Lamentou que precisamente o presidente da Xunta estea contribuíndo a deteriorar a marca Galicia con imaxes e con relacións como a que tivo con Dorado a lo menos ata mediados da pasada década. Salientou que Feijóo “ou era tan simple que non sabía a qué se dedicaba este señor ou sabe demasiado ben o que facía, o que aínda é peor”.

Pachi Lucas

Soneira lembrou que o presidente da Xunta tampouco ten ofrecido explicación algunha sobre a súa relación co presunto conseguidor da trama de desvío de fondos ilegais ao PP investigada na operación Zeta, Pachi Lucas. Explicou que o principal imputado no caso ten asegurado que lle pagaba 3.000 euros mensuais pola súa amizade co presidente da Xunta, o que non ten sido explicado polo Goberno galego.

Tampouco explicaron, lembrou, as declaracións do ex secretario de Organización do PP galego, Pablo Crespo, quen asegurou a recadación de “inxentes cantidades de diñeiro sen declarar” para este partido, un diñeiro co que financiaron a construción da súa sede de Pontevedra. O mesmo ten sucedido, dixo, co financiamento irregular do PP de Ourense.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar