Feijóo négalle ao Parlamento os contratos con Marcial Dorado porque ten "algo que ocultar"

Feijóo négalle ao Parlamento os contratos con Marcial Dorado porque ten "algo que ocultar"

Feijóo négalle ao Parlamento os contratos con Marcial Dorado porque ten "algo que ocultar"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu que a negativa da Xunta a remitirlle ao Parlamento os contratos co narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado, demostran que o presidente da Xunta “ten algo que ocultar”. Así o dixo no debate dunha interpelación na que lle esixiu ao goberno galego que remitira os devanditos contratos.

O responsable socialista esixiulle ao goberno galego que cumpra coa palabra asumida polo presidente da Xunta e o propio vicepresidente de remitir os ditos contratos, que foron reclamados pola vía formal polos socialistas galegos e aínda non foron enviados. Losada denunciou a “doma e castración do Parlamento de Galicia coa conivencia da presidenta do Parlamento”.

Losada reclamoulles “sensibilidade” coa presidenta da Cámara, que ante a petición de amparo dos socialistas galegos se declarou “mera transmisora” das peticións de documentación. Dixo que estes documentos forman parte do amplo volume de documentos agochados de forma sistemática polo goberno galego, como os contratos coa petroleira Pemex, o informe do Consello de Contas ou os plans industriais do plan eólico.

Lembrou que, en contra das declaracións do presidente da Xunta sinalando que as fotos eran un intento de desprestixiar á democracia, “a transparencia nunca desprestixia á democracia, o que a desprestixia é a ocultación e intentar enganar á cidadanía”. Advertiu que “canto mais tempo pasa das fotografías de Feijóo con Marcial Dorado mais cheos de mentiras, de confusión interesada e mais perplexos estamos”.

Esixiu unha aclaración logo de que o presidente da Xunta asegurara no Pleno do Parlamento que os contratos da Xunta con Marcial Dorado non existían porque a documentación era eliminada aos dez anos, unha actividade que é, lembrou, ilegal. Ademais, sinalou que o propio secretario xeral do Sergas desmentiu a continuación a Feijóo ao dicir que a documentación existía pero “era demasiada” para enviala.

Apuntou que “a calidade democrática dun país márcase polo acceso á información pública” para esixirlle ao goberno que faga públicos estes documentos, e lembrou que o propio ditador Franco “o primeiro que fixo en 1936 foi fundar a Junta de Expurgos”.

Catro mentiras

Abel Losada acusou ao presidente da Xunta de ter acumulado “catro mentiras” en relación coas devanditas fotografías, a primeira das cales foi dicir que “non sabía quén era Marcial Dorado” nos anos 90 cando el era secretario xeral do Sergas e a drogadicción e a sida a primeira causa de mortalidade xuvenil.

As seguintes mentiras foron que tivera cortado a relación co narcotraficante en 1997, cando foi declarado por un xuíz que en 2003 seguían en contacto, que “son só fotos”, cando o certo é que posúen unha importante “significación política”, e que “acabou a infamia”, xa que “a infamia non eran as fotos, a infamia é unha relación impropia, inmoral e indecente de Feijóo co narcotráfico”.

Lexitimar o narcotráfico

O parlamentario socialista desmentiu que os socialistas tiveran chamado nunca a Feijóo narcotraficante, senón que, dixo, “o que fixemos foi acusar ao PP de permitir que os narcos se lexitimaran socialmente nos anos 90”.

Lembrou así ao contrabandista Nené Barral, alcalde de Ribadumia polo PP, ou á viaxe do presidente da Xunta por Alianza Popular, Gerardo Fernández Albor, a Viana do Castelo en 1983 para entrevistarse cos narcotraficantes fuxidos logo dunha redada policial e garantir o seu regreso a Galicia.

Losada lembrou a intervención do portavoz do PP, quen falou no Pleno do Parlamento de que a relación de Feijóo con Marcial Dorado correspondía ao “intento de lexitimación” do narcotraficante. Puntualizou que “si Feijóo permitiu que o narco se lle achegara para obter lexitimidade, mal feito”, e lembrou a introdución da mafia italiana en Democracia Cristiana “e o sistema político italiano está como está”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar