Feijóo mira para outro lado mentres Rajoy veta a transferencia da AP-9

Feijóo mira para outro lado mentres Rajoy veta a transferencia da AP-9

Feijóo mira para outro lado mentres Rajoy veta a transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dirixiuse hoxe ao presidente da Xunta para lembrarlle que “segue a ser o presidente de Galicia”. Así o dixo fronte á tibia resposta de Feijóo fronte ao novo veto na Mesa do Parlamento a tramitar a proposición de Lei de transferencia da AP-9 con “argumentos falaces, esaxerados e sen ningún tipo de fundamento”.

Lembra que o presidente da Xunta asumiu en primeira persoa esta demanda co seu voto favorable na Cámara autonómica e censurou que agora “mire para outro lado” e mesmo “poña a outra meixela” fronte a esta “bofetada reiterada a Galicia” mentres “segue saudando a De La Serna como amigo”. Desta forma está “renunciando a actuar como líder e como presidente”, ao escoller “pregarse ao seu partido e desaparecer” das súas funcións.

Anunciou que ten solicitado unha xuntanza dos portavoces dos catro grupos parlamentarios, que apoiaron a iniciativa na Cámara autonómica, para tomar decisións sobre os próximos pasos a dar para desbloquear o debate. Ademais anunciou que pedirá que os letrados do Parlamento elaboren un informe sobre as posibilidades legais para rebater a decisión da Mesa do Congreso e “defender ao Parlamento de Galicia”.

Filibusterismo político

O responsable socialista criticou o novo veto a debater esta iniciativa ordenado dende o goberno de Rajoy nunha “práctica de filibusterismo parlamentario coa axuda inestimable de Ciudadanos”. A decisión da Mesa de impedir mesmo a tramitación da iniciativa “erosiona a división de poderes, debilita e devalúa o Congreso impedindo á súa función, que é debater e aprobar –ou non- as iniciativas parlamentarias”.

Apuntou a que o veto deriva dunha posición “centralista e discriminatoria” para Galicia por parte do goberno central grazas á “muleta” de Ciudadanos, coa que tivo a maioría suficiente para rexeitar o debate na Mesa do Congreso. Lembrou neste sentido que “outras comunidades históricas coma a nosa teñen a titularidade de autovías e autoestradas que foron cedidas polo Estado”.

Desmentiu o argumento orzamentario por parte do goberno, que alude a un custe de 540 millóns de euros, por canto “refírese ao que resta de concesión, menos de 20 millóns de euros anuais”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar