Feijóo mentiu sobre o dique flotante de Ferrol

Feijóo mentiu sobre o dique flotante de Ferrol

Feijóo mentiu sobre o dique flotante de Ferrol

A parlamentaria socialista Beatriz Sestayo reclamou a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da “estafa” e a “gran mentira” sobre un suposto veto da UE ao proxecto de dique flotante en Ferrol. Así o dixo logo de constatar, en resposta escrita do Comisario Europeo da Competencia, Joaquín Almunia, ao eurodeputado Antolín Sánchez Presedo, que nunca foi presentada unha proposta formal do proxecto.

Sestayo sinala que esta “estafa masiva e cruenta merece a asunción das mais altas responsabilidades políticas” por parte do presidente da Xunta e dos responsables da Sepi –dependente do Ministerio de Facenda-. Anunciou unha batería de iniciativas sobre as consecuencias políticas das “mentiras contadas ao Comité de Empresa, á Comarca de Ferrolterra e a toda Galicia” respecto do dique flotante.

Acusa ao presidente da Xunta de “mentir poñendo a súa palabra en xogo ao comprometer primeiro a infraestrutura e sinalar despois que a UE o tiña vetado e que o proxecto non era viable”. Sinala que “hoxe temos a constatación oficial da mentira de Feijóo, que garantiu persoalmente un dique que segue sen construírse e que resulta vital para unha comarca que en 11 meses perdeu outros 2.100 postos de traballo”.

Esixiulle ao presidente da Xunta “que estea á altura da responsabilidade que ostenta” e “recoñeza que o responsable do goberno de Galicia non pode limitarse a conversas de patrio de colexio cos seus amigos do goberno de Madrid” para decidir o futuro de milleiros de familias de Ferrolterra. Reclamoulle que “acade dunha vez a colaboración do goberno central para levar adiante a construción do dique flotante”.

Acusou a Feijóo e aos responsables da Sepi de “demorar durante 11 meses a construción da infraestrutura a través da creación dunha Comisión de Seguimento do dique flotante, da que participaron Sepi, Xunta de Galicia e representantes da comarca e dos traballadores, para concluír que a UE tiña rexeitado o proxecto”.

Escusas de Feijóo

Esta resposta foi trasladada por Almunia grazas á pregunta formulada polo eurodeputado a petición dos socialistas de Ferrolterra e da deputada ferrolá “en vista das escusas reiteradas do presidente da Xunta para desembarazarse do seu compromiso acadado na campaña electoral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar