Feijóo, máximo responsable dos enfermos que hepatite C que faleceron polos retrasos do Sergas

Feijóo, máximo responsable dos enfermos que hepatite C que faleceron polos retrasos do Sergas

Feijóo, máximo responsable dos enfermos que hepatite C que faleceron polos retrasos do Sergas

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, responsabilizou ao presidente da Xunta os enfermos de hepatite C falecidos mentres agardaban que o Sergas autorizara o tratamento. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Sanidade logo da denuncia da Fiscalía, que advirte un posible delito de “homicidio por imprudencia” ao retrasar deliberadamente os fármacos.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de responder intentando “tapar todo contando mentiras aquí e no xulgado, trampeando as datas das tramitacións” para agochar que “facían tempo mentres negociaban mellores prezos coa industria”. Sinala que ese retraso puido ser a causa principal do falecemento de ata sete doentes de hepatite C e esixiulle ao presidente da Xunta que “veña a explicarse” como “auténtico responsable”.

Acusouno de “negar criterios economicistas” cando “en lugar de ter facilitado unha vía para a compra deses fármacos en 2014 Feijóo decidiu desprazar ese gasto ao orzamento do ano seguinte”. Sabía que así, explicou, “retrasaba o pago dos fármacos que o laboratorio non ía servir sen dotación presupostaria nin posibilidades certas de cobrar”.

Criticou a xestión “intolerable” da Consellería que “tense comportado como se fora Dios, a ti te concedo o tratamento e vives e a ti non e morres”, e de retrasar as peticións “obedecendo a razóns de tipo presupostario do Sergas e non foron de contido médico ou clínico”.

Acuña sinalou que este caso constitúe “o asunto máis grave co que nunca tivo que enfrontarse un goberno da Xunta”, e que supón “a primeira causa penal que se abre en España contra unha administración pública por dilacións na aplicación dun tratamento médico” indicado polo especialista e axustado ao protocolo.

Considerou “o colmo” que o goberno galego acuse á oposición de “usar as mortes e a dor das persoas” cando “quen causa a dor é quen aplica recortes que provocan os falecementos e non quen os denuncia”. Advertiulle que “pode acabar sendo cómplice” por defender unha actuación que a Fiscalía cualifica de”posible homicidio imprudente e prevaricación con resultado de morte”.

A deputada socialista advirte que “a mala actuación da Consellería puido provocar o falecemento de varias persoas que non sabemos se ían morrer igual ou non, o que si sabemos é que faleceron sen o tratamento que precisaban”. Puntualizou que “non poden alegar que non estiveran avisados” logo de desprezar máis de 20 iniciativas presentadas polos socialistas galegos.

Acusounos de “responder intentando tapar as mortes e calando á Fiscalía con números falseados e con desculpas inútiles” e de aplicar “criterios clínicos moi duros e que ademais ían modificando cada pouco co único obxecto de retardar o acceso á medicación”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar