Feijóo mantivo dous meses á directora xeral de Inclusión de forma irregular polo seu "xogo de tronos" particular

Feijóo mantivo dous meses á directora xeral de Inclusión de forma irregular polo seu “xogo de tronos” particular

Marisol SoneiraA portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, denunciou hoxe a “indecencia” de Feijóo e do PP ao “poñer primeiro os intereses de partido e despois a inclusión social”. Soneira presentou unha pregunta oral polo bloqueo de dous meses na Dirección Xeral para impedir que a súa titular, María de los Ángeles Teijeiro, tomara posesión abandonando o concello e a Deputación de Lugo.

Soneira censurou o “xogo de tronos” do PP ao manter toda unha Dirección Xeral descabezada ata o nomeamento hoxe nun novo titular porque “déronse conta demasiado tarde” do que supuña o nomeamento de Teijeiro. Ao ser nomeada debera abandonar o concello e a Deputación, obrigando a abrir de novo o proceso de nomeamento dun sucesor e dinamitando a súa aritmética de maiorías na Deputación.

A deputada socialista sinalou que “os problemas do PP e dos seus grupos municipal e provincial de Lugo teñen que solventalos en Lugo” en lugar de someter á Dirección Xeral a un espectáculo “bochornoso e lamentable que non admite discusión”. Esixiulle que “sexan honrados e decentes politicamente e recoñezan” este “esperpento propio de Carnaval”.

Ilegal

Marisol Soneira mesmo puxo en dúbida a legalidade do nomeamento da directora xeral, que formou parte do staff do goberno galego de forma irregular durante dous meses, figurando mesmo no rexistro de altos cargos publicado na web e incumprindo así a Lei de Incompatibilidades do goberno galego.

A norma establece que o cargo de concelleiro é incompatible co de director xeral do goberno galego, polo que acusou ao presidente da Xunta de “incumprir a Lei” no momento en que nomeou a esta persoa, co que, engadiu, “dicir que somos unha república bananeira quédase curto”.

Criticou a actitude dun presidente que “vai de moderno poñéndose de exemplo para outras comunidades autónomas e para o goberno do Estado” cando demostra que é capaz de “facer un nomeamento contra a Lei” prexudicando polo camiño a milleiros de persoas que necesitan dos servizos da Xunta e estiveron dous meses sen ser atendidos no peor da crise económica.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar