Feijóo mantense "postrado e mudo" na defensa da transferencia da AP-9 a Galicia

Feijóo mantense "postrado e mudo" na defensa da transferencia da AP-9 a Galicia

Feijóo mantense “postrado e mudo” na defensa da transferencia da AP-9 a Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe ao presidente da Xunta de permanecer “calado, postrado e mudo” mentres o goberno veta o debate da transferencia da AP-9 para Galicia. O responsable socialista interveu na sesión de control ao presidente da Xunta para afearlle que non teña posto en marcha “ningunha acción política” para defender a Galicia.

Fernández Leiceaga desafiou ao presidente da Xunta a presentar un conflito de competencias diante do Tribunal Constitucional ou iniciar “accións políticas” encabezando unha delegación unánime do Parlamento que vaia ao Congreso “a dicirlle a Rajoy cal é a posición de Galicia”. Criticou a renuncia do presidente da Xunta na “defensa dos intereses e da dignidade de Galicia” de forma “contundente e consensuada”.

Lamentou que “non pronuncie nin unha palabra en dirección a Galicia” mentres o goberno veta a segunda proposta da Cámara autonómica, deseñada para eliminar as consecuencias financeiras negativas para o Goberno. Censurou o veto “con premeditación, alevosía e reiteración, con falsidades e unha caste de filibusterismo parlamentario” alegando que custaría 18 millóns ao ano, demostrando que “teñen as contas mal feitas”.

O portavoz socialista censurou ademais a falla de interese do presidente da Xunta para “dicirlle aos deputados do PPdeG que voten no Congreso a favor do que vostede apoiou aquí e fagan posible a transferencia”. Aludiu así ao voto da presidenta da Cámara, a galega Ana Pastor, que serviría para romper o bloqueo do goberno ao debate desta iniciativa.

Balance

Fernández Leiceaga presentou a situación da transferencia da AP-9 como exemplo do balance do primeiro ano desta lexislatura de Feijóo, no que as decisións de Rajoy “están afectando negativamente aos intereses de Galicia” sen resposta por parte do presidente da Xunta. Engadiu a situación do financiamento da Dependencia, que afronta un novo recorte de 35 millóns en 2016, o que supoñen 152 millóns menos dende 2012.

O presidente galego, explicou, tampouco levou adiante acción política algunha para impulsar a revisión do modelo de financiamento autonómico, paralizado dende 2104, máis alá de “meter no conxelador” a Comisión técnica constituída por acordo da Cámara autonómica.

Alertou ademais dos novos orzamentos para 2018, que suporán “maiores esixencias” por parte do PNV das que impuxo en 2017, cando Galicia resultou claramente prexudicada, con 440 millóns de euros menos por parte dun goberno que deixou sen gastar máis de 2.200 millóns de investimentos dende 2012.

Lembrou que nos orzamentos para este ano o País Vasco acadou 400 millóns menos de pago polo cupo e a condonación de 1.400 millóns de débeda, ademais do impulso das infraestruturas ferroviarias para conectar o “Y” vasco e as plataformas loxísticas do porto de Bilbao coa rede europea de transporte de mercadorías. Mentres, Galicia non obtiña “nada” para a Plisan e a conexión co Porto de Vigo, ou a conexión do Porto Seco de Monforte con Venta de Baños.

Réplica

Fernández Leiceaga replicoulle ao presidente da Xunta ademais lembrando que o déficit público sen contabilizar, que aquel atribuíulle á herdanza do goberno socialista, en realidade “procedía do comportamento das comunidades autónomas do PP, como quedou perfectamente acreditado”.

Tamén lembrou que “quen falaba catalán na intimidade era Aznar, que lle cedeu o 30 por cento do IRPF á Cataluña presidida por Pujol”, e lembrou que “o ministro que mais viña por Galicia era Álvarez Castos, acredor da Medalla de Ouro de Galicia e identificado como FAC nos papeis da Gürtel”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar