Feijóo mantén as institucións independentes "en precario" para "mantelas de costas aos cidadáns"

Feijóo mantén as institucións independentes "en precario" para "mantelas de costas aos cidadáns"

Feijóo mantén as institucións independentes "en precario" para "mantelas de costas aos cidadáns"

Méndez Romeu debate Estado AutonomíaO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de manter ás institucións independentes “en precario, dirixidas por servos dóciles mais prestos a lamberlle a man que lles paga que a defender os intereses dos cidadáns”. Así o dixo na sesión de control do Parlamento, na que denunciou o desleixo da Xunta á hora de pagar as prestacións aos 16.000 dependentes recoñecidos e esquecidos polo goberno.

Méndez Romeu lembrou a situación de institucións como o Valedor do Pobo ou o Consello de Contas, coa súa renovación bloqueada sine die polo goberno galego e con algúns dos seus membros sen nomear por decisión de Feijóo. Dixo que converte estes órganos “nun pesebre con xenerosos estipendios para os que os dirixen de costas aos intereses dos cidadáns”.

O responsable socialista puxo como exemplo o trato dado pola institución do Valedor á filla dunha persoa con grao 2 de demencia que non pode traballar e non recibe axuda de dependencia malia tela recoñecida dende 2009. Neste caso, dixo, o alto comisionado remitiu dous escritos á vítima e á conselleira de Benestar, quen respondeu que non pagaría, co resultado do arquivo do caso polo Valedor.

Lembrou que a Oficina do Valedor recibe un orzamento anual de dous millóns de euros e está dirixida “por un alto funcionario” que percibe 100.000 euros “para acabar de aplastar aos cidadáns”.

Mentres, o goberno galego responde cun “alarde de cinismo sofisticado” con comunicacións nas que recoñece a situación pero non lles da contido nin axudas e “engana sen rubor”. A consecuencia son 16.000 persoas coa dependencia recoñecida que non reciben prestacións, ademais de outras 7.000 que teñen falecido dende a chegada de Feijóo ao goberno.

O presidente da Xunta, dixo, leva seis anos “enganando e demorando sistematicamente a atención” malia que “sabe que é posible facer economías orzamentarias para atender a estes casos escandalosos”.

Lamentou a absoluta carencia de “sensibilidade ou compasión” por parte de Feijóo que “aínda non tivo un minuto para reunirse coa xente que sufre” e que, polo contrario, “o que lle vai é o contacto cos poderosos, os que lle ditan a política que ten que facer para producir precisamente esta tremenda fenda social”.

Guadalupe e Jesús

O portavoz socialista citou hoxe dous casos “representativos dun problema moi amplo”. É a situación de Guadalupe, a muller antes citada que tivo que deixar de traballar para atender á súa nai, con grao 2 de demencia por alzheimer e nunha cadeira de rodas á que logo de cinco anos o goberno lle reclama unha nova solicitude de axuda, logo de ser esquecida polo goberno e mesmo polo Valedor do Pobo.

Tamén lembrou a situación de Jesús Vidal Culleredo, de 74 anos, que ten que vivir “tirado no leito dependendo da miña muller de 72 anos”, como el mesmo comunica, e que logo de ter solicitado a axuda en 2009 foilles recoñecida en 2012, sen que a día de hoxe recibiran axuda algunha e que teñen que sobrevivir cunha pensión de 780 euros que percibe a muller.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar