Feijóo, literalmente desaparecido fronte ás dificultades de NGB

Feijóo, literalmente desaparecido fronte ás dificultades de NGB

Feijóo, literalmente desaparecido fronte ás dificultades de NGB

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe que o presidente da Xunta permaneza “literalmente desaparecido cando as cousas están realmente mal” para NGB. Criticou que intente esquivar a súa responsabilidade política cando “incentivou e intentou dirixir un proceso de fusión claramente fallido” para tentar de acadar rendibilidade política.

Así o dixo na manifestación convocada hoxe polos sindicatos da entidade contra o plan de reestruturación do ente, na que advertiu do abandono por parte de Feijóo logo da “utilización política” das “fotos de Monte Pío” coa cúpula das entidades no momento da fusión. Dixo que “enganou aos cidadáns e furtoulle información ao Parlamento de Galicia avalando unha auditoría –encargada pola Xunta a KPMG- pura e simplemente falsa”.

O responsable socialista advertiu que “hoxe estamos defendendo os postos de traballo, pero hai moitos mais elementos, como é a exclusión de concellos –dos que desaparecerán as oficinas da entidade- ou a desaparición real da obra social das antigas caixas”. Lembrou tamén “a estafa das preferentes, ás que o presidente Feijóo non foi quén de dar unha mínima resposta mentres defendía aos inversores de grandes fortunas de Galicia”.

Losada encabezou a delegación socialista na manifestación celebrada hoxe, na que participaron o tamén parlamentario autonómico Xosé Sánchez Bugallo, o deputado no Congreso Miguel Cortizo e a senadora galega Ángeles Marra.

Baltar

En resposta a preguntas dos xornalistas sobre o suposto veto do Baltar presidente da Deputación de Ourense a unha Comisión de Investigación sobre a actuación do seu pai, o Baltar ex presidente da Deputación de Ourense, dixo que “o único claro é que o PPdeG intenta, mais alá da actuación dos tribunais, agochar a realidade de que a Deputación de Ourense é unha ferramenta política ao servizo do PP e de aqueles que cos seus votos chegan ao poder nas distintas institucións”.

Losada lembrou a “alerxia conxénita do PPdeG ás comisións de investigación”. Neste sentido, lembrou a Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas, que “literalmente foi sacada con fórceps polos socialistas galegos”.

Neste sentido lembrou que a comisión foi aprobada o pasado mes de decembro logo de que o PP a rexeitara e mesmo vetara a súa votación sistematicamente durante nove meses antes das eleccións autonómicas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar