Feijóo leva á industria galega "camiño de desaparecer"

Feijóo leva á industria galega "camiño de desaparecer"

Feijóo leva á industria galega "camiño de desaparecer"

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu hoxe que Feijóo está a situar á industria galega “camiño de desaparecer”. Así o dixo na sesión de control ao presidente, na que criticou que mentres Feijóo presenta unha axenda industrial de Galicia “virtual e irreal”, teñen desaparecido 50.000 empregos na industria e o Índice de Produción Industrial está á cola de España en 2014.

Mentres Feijóo presenta un “novo plan publicitario, propagandístico, sen orzamento e tan virtual que esquece aos traballadores”, dixo, a industria galega ve cómo a primeira siderúrxica galega, Megasa, anuncia un despido colectivo. Méndez lembrou que esta mesma semana Alcoa anunciou o peche da planta de A Coruña, que contaba con 400 empregos, e “deixa no aire San Cibrao, con 2.000 empregos na Mariña luguesa” e Ferroatlántica “corre o risco de seguir o mesmo camiño na Costa da Morte”.

Criticou que “estamos hoxe como hai dous anos” cunha política enerxética dende o goberno galego que “aniquila ás empresas industriais cun sistema de subastas que non responde ás necesidades do sector e un marco regulatorio incerto que impide investimentos e planificación”. Lembrou que a ultima subasta de enerxía, hai apenas 15 días, supuxo retirarlle outros 200 millóns de euros de financiamento ás grandes empresas.

Méndez Romeu lembrou o fracaso do concurso eólico anunciado polo goberno galego, que fronte aos 2.300 megavatios e 2.200 postos de traballo prometidos tan só hai 200 instalados, e dos 5.000 millóns de euros de investimento privado que anunciaba o goberno “apenas hai mostras simbólicas”. Acusou a Feijóo de “aplaudir” unha política enerxética do goberno que deixa a industria galega convertida “nun ermo”.

Mentres o paro crece, a industria desaparece e aplaude unha política enerxética que “levou por diante ao sector das renovables, nas que eramos punteiros en España. “Aí fora –dixo- hai centos de persoas despedidas como consecuencia directa da súa política industrial” mentres o goberno galego está “dedicado á economía 4.0”, ironizou en alusión ao plan industrial virtual presentado pola Xunta.

Lembrou ademais que a propia conselleira de Facenda anunciaba solemnemente que o PIB galego medraría como consecuencia da incorporación da economía opaca fiscalmente. Preguntoulle neste sentido si “realmente o noso crecemento vai estar baseado na droga, a prostitución e demais actividades ilícitas”.

Líder

Méndez Romeu o anuncio de Feijóo de que Galicia “lideraría o despegue de España”, cando polo fracaso da súa xestión suma xa o terceiro trimestre consecutivo de estancamento, con crecemento cero, un 25 por cento por debaixo da media estatal, acumulando o maior diferencial negativo dos últimos anos. Ademais, o gasto dos fogares permanece conxelado, 8 veces menos que a media española.

O saldo comercial do PIB de bens e servizos continúa a ser negativo, o emprego ten acadado o mínimo crecemento anual, situándose á metade da media estatal e apuntalando unha tendencia claramente negativa nos últimos meses.

O portavoz socialista preguntoulle ao presidente da Xunta “onde está o liderado na recuperación” e continuou que “o único liderado que acadamos con vostede é nos recortes do Estado do Benestar, nunha política demográfica tan publicitada como ignorada e na emigración selectiva das novas xeracións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar