Feijóo leva a "Galicia minguante" tamén ao exterior

Feijóo leva a "Galicia minguante" tamén ao exterior

Feijóo leva a "Galicia minguante" tamén ao exterior

besteiroO secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, criticou que con Feijóo “Galicia mingua tamén no exterior”. Así o dixo logo dun encontro en Santiago coa directiva da Casa Galicia de Bos Aires, no que subliñou que Feijóo traslada a súa “Galicia minguante”, que reduciu o 13 por cento da súa poboación activa, tamén á política exterior.

O líder dos socialistas galegos chamou a impulsar a “relación fraternal e de agarimo” dos socialistas coa diáspora en Arxentina e toda América Latina para “recuperar as pontes” de encontro desatendidas polo goberno galego. Advertiu que a despreocupación do presidente galego supón a “perda de oportunidades, de capacidade de influencia, de relacións comerciais e de efectivos no exterior”.

Instou a “recuperar o impulso que desenvolveu o presidente Touriño en Arxentina e América Latina” e apelou ás “razóns culturais e de patrimonio” para reactivar os lazos de Galicia con esta rexión e o seu papel como “cabeza de ponte” en “clave de recuperación da Comunidade Autónoma e do poder económico no exterior”.

Apelou á xestión da política exterior do propio Touriño e mesmo do ex presidente do PP e do goberno galego, Manuel Fraga, aos que “non lles pasaría desapercibida a situación de América Latina”. Sinalou así ás oportunidades que se abren tanto con Arxentina como con Cuba ou mesmo Uruguai “e outros países cos que tivemos tradicionalmente unha relación extraordinaria”.

O presidente da Xunta camiña, dixo, no sentido contrario da expansión política e económica de Galicia, cara á Galicia minguante, repetiu, como demostra que utilice as comparativas de creación de emprego “en base á caída da poboación activa”, o que ofrece un “signo moi perigoso de cara onde avanza Galicia”.

Voto rogado

Gómez Besteiro trasladoulle ao presidente do Centro Galicia, José María Vila, o compromiso de Pedro Sánchez de afrontar a modificación do voto rogado co obxectivo de compaxinar as garantías legais co impulso á participación.

Lembrou que foi o propio secretario xeral do PSOE o que no último Comité Federal asumiu o compromiso de modificar a lexislación electoral para resolver os requisitos legais co fomento da participación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar