Feijóo inunda Vigo con publicidade e propaganda baleira de contido para despois bloquear a cidade dende a Xunta

Feijóo inunda Vigo con publicidade e propaganda baleira de contido para despois bloquear a cidade dende a Xunta

Feijóo inunda Vigo con publicidade e propaganda baleira de contido para despois bloquear a cidade dende a Xunta

O cabeza de lista da candidatura socialista por Vigo, Abel Losada, lamentou hoxe que o candidato Feijóo visitase a cidade de Vigo para facer “un acto de publicidade e propaganda baleira de contido”. Dixo que “Feijóo inunda a cidade con propostas para despois bloqueala dende o goberno, como fixo nestes oito anos que leva a fronte da Xunta de Galicia”.

Respondeu así á visita de Feijóo a Vigo para presentar “unha batería de anuncios mediaticos baleiros de contido” e lamenta que Feijoo “só propoña políticas e anuncie medidas en campaña electoral para maquillar que leva oito anos bloqueando a cidade, como evidenciou coa paralización do PXOM”.

Sinala que “os cidadans necesitan respostas e non fogos de artificio, os vigueses e viguesas queremos saber cómo se resolverán os problemas no novo hospital ou cómo solucionará o PXOM, e non anuncios propios dun trilero político”.

Como pasou nas últimas eleccións locais, Sinalou que “os vigueses non se creen as promesas do PP e de Feijoo, que soen ser mentira e logo quedan en papel mollado, como demostran os resultados das últimas eleccións municpais”.

“Vigo merécese un presidente da Xunta como Leiceaga, serio, solvente e capaz de responder ás demandas dos cidadáns, e non un Presidente como Feijóo, que fai continuos ataques contra os intereses da cidade”, concluíu Abel Losada.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar