Vázquez propón medidas de aforro e ingresos que permitirían dispoñer de 500 millóns adicionais para crear emprego e mellorar a productividade

Vázquez propón medidas de aforro e ingresos que permitirían dispoñer de 500 millóns adicionais para crear emprego e mellorar a productividade

Vázquez propón medidas de aforro e ingresos que permitirían dispoñer de 500 millóns adicionais para crear emprego e mellorar a productividade

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, avogou hoxe por marcar un itinerario para saír da crise en Galicia, que pasa “non só por controlar o gasto, senón tamén por estimular os ingresos” e que permitirían dispoñer de 500 millóns de euros adicionais para a creación de emprego e a mellora da produtividade.

Na súa intervención no Fórum Europa de Nueva Economía, apuntou que a nosa comunidade “non ten hoxe folla de ruta para recuperar o crecemento e o emprego”.

Sinalou que o proxecto de orzamentos presentado polo Goberno de Feijóo “amosa a falla de estímulos económicos e de proxectos para o futuro; insiste en cadrar as contas sacando a quen menos ten, e evidencia o fracaso da Xunta nos obxectivos de crecemento e xeración de emprego”.

Defendeu como primeiro paso “un plan rigoroso de minoración do gasto superfluo”, que pasaría pola reducción de asesores, supresión de delegados e delegacións provinciais, racionalización de organismos públicos e reducción de consellerías, o que xeraría un aforro de 200 millóns de euros.

A isto engadiu un incremento dos ingresos a través da aplicación do imposto sobre grandes patrimonios, que xeraría en Galicia máis de 40 millóns de euros; a modificación do imposto de sucesións e do IRPF ás rendas máis altas, que aportaría 100 millóns de euros; e un maior control do fraude fiscal, que reportaría á nosa comunidade máis de 100 millóns de euros.

Vázquez destacou que estas medidas permitirían “poñer sobre a mesa 500 millóns de euros adicionais” que se concentrarían na creación de emprego e na dinamización da economía produtiva “sen ter que despedir a ningún profesor nin a ningún médico”.

 

Sistema financeiro e sectores produtivos

 

“Hai que cambiar o rumbo deste país”, sentenciou, “porque demostrouse que as receitas da dereita non funcionaron, e que a boa xestión é o contrario do que  está a facer o Goberno galego”.

Sinalou que a situación de Galicia agrávase “cando falla o principal motor do impulso empresarial da nosa comunidade, que é o Igape, e cando Galicia non controla o seu sistema financeiro”.

“Ou somos capaces de construír en Galicia un sistema financeiro forte, que faga fluír o crédito ás familias e ás empresas, ou non temos nada que facer” proclamou.

Engadiu que Galicia “non pode renunciar a un sistema financeiro propio, que garanta a sostibilidade empresarial do noso país e aposte por unha economía produtiva dos sectores estratéxicos galegos”. “Iso é ser galego e ter galeguidade”, sentenciou.

Vázquez afondou na necesidade de apostar polos sectores produtivos estratéxicos de Galicia, como o leiteiro, o madereiro, a producción de pizarra e granito, a acuicultura, a pesca e o sector conserveiro e as enerxías renovables, e fixo ademais un chamamento a investir en innovación e investigación vinculados a estes sectores, cun sistema financeiro propio que nos axude ao seu desenvolvemento.

“É o momento de apostar por unha Galicia distinta, competitiva, moderna, que valorice os seus productos no seu territorio, que respecte a súa cultura e lingua; que defenda a educación, a sanidade e a dependencia como piares que nos fan iguais, e que protexa o seu territorio”, remachou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar