A Xunta incrementou en 22 días as listas de espera para intervencións cirúrxicas

A Xunta incrementou en 22 días as listas de espera para intervencións cirúrxicas

A Xunta incrementou en 22 días as listas de espera para intervencións cirúrxicas

O secretario de Sanidade do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández, advertiu hoxe que as cifras das esperas sanitarias feitas públicas onte constatan que Feijóo “provocou o maior deterioro da sanidade pública” ata o momento. Así o dixo logo de sinalar que dende a súa chegada á Xunta os galegos e galegas teñen que agardar 22 días máis para intervencións cirúrxicas.

Fernández apunta que “tras a publicación das listas de espera, a data de 30 de setembro, demostrase que o Goberno do Sr. Feijoo non fai mais que enganar e mentir os galegos e galegas”. Explica que “hoxe os galegos teñen que esperar para ser intervidos 6 días mais que fai un ano e un total de 22 días mais que en marzo do 2009 cando se fixo cargo do Goberno”.

Acusou á Consellería de Sanidade de “mentirlle aos galegos e galegas” para “desviar a atención enmascarando os malos datos da lista de espera que non fan mais que demostrar a incapacidade e ineficacia deste goberno para facer unha sanidade de calidade e que responda as necesidades dos cidadáns galegos”.

Agardando

Dixo que hoxe hai agardando para ser intervidos 700 galegos mais que fai 3 anos e medio. Engadiu que, ademais, mentres en marzo do 2009 había 148 galegos e galegas que tiñan que esperar mais dun ano para ser intervidos, hoxe teñen que agardar mais de un ano 1.199, mentres superan os 15.000 os que teñen que esperar mais de 3 meses -fronte os 9.700 que esperaban en marzo do 2009 mais de 3 meses-.

O responsable socialista considera “dramática” a situación da area sanitaria de Vigo, onde mais de 11.000 pacientes están esperando por unha intervención e onde mais do 50 por cento ten que esperar mais de 3 meses.

Sinala que a situación “é igualmente dramática nas primeiras consultas de especialistas e nas listas de espera de probas diagnosticas”. Explicou que hoxe hai unha espera de mais de 2 meses para un TAC e unha Resonancia, catro meses para unha mamografía, 120 días para unha ecocardiografía, 3 meses para unha endoscopia dixestiva, 5 meses para unha electromiografía ou mais dun ano para un estudio do sono.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar