Feijóo inclúe a Lugo na xira de anuncios mediáticos baleiros de contido

Feijóo inclúe a Lugo na xira de anuncios mediáticos baleiros de contido

O cabeza de lista da candidatura socialista por Lugo, Luís Álvarez, lamentou este mércores que Núñez Feijoo inclúa a provincia de Lugo na súa torne de anuncios mediaticos baleiros de contido”. Álvarez fixo esta afirmación trala visita electoral de Feijoo á capital da provincia, na que se comprometeu a realizar a autovía Lugo-Sarria, a intermodal ou reutilizar o Hospital Xeral, entre outros asuntos.

Luís Álvarez remarcou que “as propostas que realizou Feijoo son as mesmas que prometeu fai 8 anos, o que evidencia o pasotismo, o desleixo e o ninguneo cos 340.000 lucences” nunha visita “máis propia dun mal feirante que dun presidente serio”, matizou. E proseguiu coas súas criticas “as promesas de Feijoo evidencian que a provincia de Lugo estivo á marxe dos investimentos da Xunta nestes últimos 8 anos”.

O candidato socialista replicou “que Feiijoo ten sen dúbida detectadas a maioría das necesidades da provincia, e que a día de hoxe seguen existindo polo seu desgoberno. Feijoo só se lembra de Lugo en campaña electoral, para facer anuncios que despois non cumpre como queda demostrado, xa que en cada campaña electoral realiza as mesmas promesas que nas anteriores”, resumiu.

“Lugo precisa un Presidente da Xunta como Leiceaga, serio, solvente e capaz de responder ás demandas dos cidadáns, e non un Presidente como Feijoo que utiliza esta provincia como graneiro de votos”, concluíu Álvarez.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar