Feijóo impulsa a degradación do Parlamento coa conivencia da presidenta da Cámara

Feijóo impulsa a degradación do Parlamento coa conivencia da presidenta da Cámara

Feijóo impulsa a degradación do Parlamento coa conivencia da presidenta da Cámara

Méndez Romeu advirte unha “estratexia de desprestixio” da institución encabezada polo presidente provocando aos grupos da oposición

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao presidente da Xunta de “impulsar e admitir” a degradación do Parlamento de Galicia, a través dunha estratexia deliberada que “é tolerada” pola presidenta da Cámara. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces que acordou a orde do día do próximo Pleno do Parlamento.

O responsable socialista advertiu dunha “estratexia de desprestixio” contra a Cámara autonómica encabezada por Feijóo a través de provocacións reiteradas contra os grupos da oposición que a presidenta da institución “non pon ningún medio para frear”. Lembrou así que o presidente do goberno galego foi o primeiro que insultou aos grupos da oposición na pasada sesión de control, coa conivencia de Pilar Rojo.

“Non conten comigo”, dixo, nesta deriva dirixida a facer do Parlamento unha “Cámara de debate estéril” que o propio Feijóo adornou no último Pleno con exabruptos supostamente extraídos da obra de Karl Marx. Méndez Romeu ironizou amosándose “preocupado polos motivos que ten o presidente da Xunta para ler a Marx e, sobre todo, polas conclusións que extrae”, vista a súa intervención na última sesión de control, na que cualificou ao BNG de tonto útil.

Fronte a esta estratexia orquestrada polo presidente da Xunta, os socialistas galegos, explicou, “continuamos presentando os problemas reais que afectan á cidadanía” a través de 10 propostas para o próximo Pleno. Destas só prosperaron 8, logo de que o PP impedira de novo a comparecencia do presidente da Xunta sobre a situación do desemprego en Galicia e a da conselleira de Medio Ambiente sobre o canon de Sogama.

Os socialistas galegos levarán sen embargo ao próximo Pleno unha proposición non de Lei para prorrogar os subsidios para as persoas con cargas familiares ou para vítimas de violencia de xénero, persoas con minusvalía ou os maiores de 45 anos que xa non perciban renda de inserción. Advertiu que a día de hoxe hai 122.000 desempregados que non perciben prestación de ningún tipo.

Tamén será debatida unha moción sobre a situación do sector lácteo logo da nova caída de prezos do leite, que sitúan a Galicia á cola de todo o Estado mentres o goberno galego renuncia a implantar un paquete lácteo que protexa aos produtores. Ademais, o Pleno incluirá unha interpelación sobre a dramática situación das 18.000 persoas que teñen recoñecida a prestación de dependencia pero sen percibir axudas.

Educación

O portavoz socialista lamentou que o goberno galego, de maneira inédita, teña renunciado a comparecer no Pleno da Cámara para dar conta do comezo do curso escolar, mentres as taxas de abandono escolar aumentan, as bolsas de estudos diminúen e os profesores ven cómo se deterioran as súas condicións de traballo.

Os socialistas galegos levarán ao Pleno do Parlamento sen embargo unha moción para que a Xunta restaure as prazas de docentes que Feijóo ten suprimido, así como a mellora dos equipamentos e do acceso a internet nos centros educativos galegos. Ademais, preguntaranlle ao conselleiro de Educación pola situación do profesorado fronte ao comezo do curso logo da sentenza xudicial que anulou o concurso de traslados da Xunta.

Finalmente, presentarán unha proposición non de Lei para esixir o cumprimento da Lei dos medios públicos de comunicación, que leva 3 anos bloqueada polo goberno galego, que “nin quere falar do mandato marco da Compañía, nin da renovación do Consello de Administración nin do nomeamento do seu director xeral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar