Feijóo, ideólogo e responsable directo do desastre do Hospital de Vigo

Feijóo, ideólogo e responsable directo do desastre do Hospital de Vigo

Feijóo, ideólogo e responsable directo do desastre do Hospital de Vigo

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, apuntou hoxe a Feijóo como “ideólogo e responsable directo do desastre” do novo hospital de Vigo e acusouno de utilizar “cartos da sanidade pública para mercar un centro comercial”. Así o dixo no debate no Pleno do Parlamento da constitución dunha Comisión de Investigación sobre a privatización da infraestrutura, que os socialistas apoiaron pero que foi desbotada pola oposición do PP.

Acuña estimou “imprescindible” que o Parlamento “analice polo miúdo un proxecto tan necesario e tan custoso, que se ten convertido nun problema e un motivo de confrontación e denuncia”. Lembrou que dende que Feijóo tomou o proxecto iniciado polo goberno presidido por Touriño, o hospital pasou de custar 450 a 1.350 millóns de euros, un centro, dixo, “un 40 por cento menor que vai custar 3 veces mais”.

Explicou que o modelo de financiamento escollido polo PP “vai hipotecar os orzamentos dos cinco gobernos seguintes” durante mais de 20 anos, malia reducir as camas da área de Vigo das 1.777 do proxecto de Touriño -1.239 correspondentes ao novo hospital- a tan só 1.260 -845 do novo hospital-.

A responsable socialista urxiu a investigar o aval do goberno galego á obra, que quedará excluído da débeda contabilizada, e recorreu a un crédito do Banco Europeo de Investimento, cando o contrato establecía que o financiamento dependía exclusivamente do contratista. Advertiu que o goberno galego “vulnerou a libre concorrencia” ao contratar uns servizos nos que “beneficia descaradamente á adxudicataria”.

Instou a investigar tamén as deficiencias estruturais dun inmoble “tan mal planificado que carece ata de billas para lavar as mans”, e un proceso plagado de irregularidades, coa redacción do proxecto definitivo, o proxecto funcional e o plan de xestión a unha “empresa pantasma creada ad hoc” e financiada pola propia construtora.

A deputada socialista reclamou unha investigación sobre o proceso de traslado ao novo centro “sen ter garantida a seguridade dos doentes”, que tivo que paralizarse “mentres a xerencia dicía que todo era correcto”.

Aspergillus

Acuña aludiu ao escándalo da doente falecida por aspergillus, logo de que “a administración dixera que o hospital non tiña o fungo cando si que o había”, e cando “consfiscaron tódalas mostras da doente para entregárllelas a unha analista amiga para asinar un informe que dixera que levara a enfermidade da súa casa”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Juanillo
    Outubro 1, 2015 a 00:58

    Desastre na sanidade como o do Prestigié no medio ambiente. Teñen verdadeiras dificultades en facelo peor, a pesares de dedicarlle tanta ansia

Deixar a resposta

Pechar