Feijóo "fuxe" dos acordos contra a corrupción

Feijóo "fuxe" dos acordos contra a corrupción

Feijóo "fuxe" dos acordos contra a corrupción

Méndez Romeu Estado Autonomía webO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao Feijóo e ao PP de “fuxir” dos acordos contra a corrupción, deixando os seus compromisos de loita contra esta lacra nunha “mera aproximación”. Así o dixo no debate da Lei de Financiamento dos Partidos Políticos, aprobada co voto do PP en solitario e a abstención dos socialistas galegos.

Méndez Romeu mantivo a “reserva de oportunidade” para retirarlle o apoio a unha norma que responde á busca desesperada polo PP de novas fontes de financiamento logo dos casos de financiamento ilegal que afectan a este partido. Os populares, dixo, teñen “pechadas ou dificultades” as súas liñas tradicionais de financiamento, co que “só cabía abrir novas canles orzamentarias”.

A norma aprobada hoxe, xunto co paquete de iniciativas supostamente dirixidas ao impulso democrático, conclúe “lonxe das cinco leis e 50 medidas” que comprometera Feijóo con apenas 3 textos de “título equívoco e contido cativo”. Advertiu que “non é o momento de operacións cosméticas nin de deixar en exclusiva aos tribunais a loita contra a corrupción”.

Censurou que obriguen ao Parlamento a “asistir impávido” a un panorama institucional coa “corrupción estendida fronte a un control laxo” mentres o paquete normativo do goberno galego supón unha “mellora insuficiente”. Mentres, Feijóo e o PP “fuxen dos acordos como fuxiron da Comisión de Estudo da Corrupción”, que permanece conxelada e sen ditame final polo veto do PP.

Inoportuna

O responsable socialista explicou a abstención dos socialistas galegos a esta norma pola inoportunidade que supón garantir novos nichos de financiamento para os partidos políticos mentres se manteñan as restricións económicas e o recorte de dereitos e servizos públicos. Reclamou adiar a norma ata que se recuperen as contas públicas e se restitúan os dereitos suprimidos á cidadanía.

Criticou ademais o procedemento escollido por Feijóo para elaborar esta norma, encargada ao presidente do Consello Consultivo, a costas do plenario daquel ente, co voto particular en contra de Emilio Pérez Touriño e coa advertencia dos servizos xurídicos do Parlamento, que alertaron do “risco de colisión coa normativa estatal”.

O debate en Comisión e Ponencia rematou sen embargo cunha modificación notable do texto, nomeadamente de cara a concederlle maior seguridade xurídica a proposta dos socialistas galegos, pero rexeitando as propostas dirixidas a respectar as disposicións vixentes na Lei electoral galega que “leva vixente 30 anos sen ningún problema”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar