Feijóo fuxe da foto coas entidades que loitan contra a pobreza e a exclusión

Feijóo fuxe da foto coas entidades que loitan contra a pobreza e a exclusión

Feijóo fuxe da foto coas entidades que loitan contra a pobreza e a exclusión

pobrezaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe que o presidente da Xunta eluda sistematicamente ás entidades que loitan contra a pobreza e a exclusión social. Gallego preguntoulle hoxe á Xunta polo incumprimento da súa propia Lei de Inclusión Social, que leva mais de un ano aprobada e sen ser aplicada.

Gallego sinalou que o presidente da Xunta “non se reuniu nunca con estas entidades” que representan “a verdadeira cara da crise, da pobreza e da exclusión, dos problemas reais do país”. Mentres as súas políticas “provocan unha cada vez mais crecente desigualdade”, puntualizou, “Feijóo non quere fotos con eles, só quere estar cos poderosos”, e por iso esquiva ás entidades que traballan no sector, como o Fondo Galego de Cooperación, a Coordinadora Galega de ONGDs ou á Rede Galega contra a Pobreza.

O presidente da Xunta, engadiu, “non quere falar de pobreza”, que “non entra no vocabulario de Feijóo”, porque “son o goberno que xerou mais desigualdade e incrementou mais a pobreza no noso país”. Fixo alusión así a que as políticas de Feijóo aumentaron a pobreza un 20 por cento en Galicia, onde hai 55.000 familias sen ningún tipo de ingreso, “o que supón en torno a 150.000 persoas”.

Criticou que, mentres presumen de aumentar a Renda de Integración Social, as solicitudes acumulan retrasos de entre 8 e 10 meses e contan con investimento para apenas 10.000 persoas, “unha taxa de cobertura ridícula”. Paralelamente, criticou, Feijóo aplica recortes e copagos que imposibilitan o acceso destas persoas a servizos básicos, e reducen a sanidade, a educación, as residencias, centros de día ou escolas infantís.

Carmen Gallego puxo o exemplo de Asturias, que con tres veces menos poboación que Galicia e unha taxa de pobreza inferior, dedica un 61 por cento mais de orzamento á loita contra a pobreza. Ademais, mentres a comunidade veciña publica en internet os listados dos solicitantes e as listas de espera, en Galicia “resulta imposible coñecer os datos por mais que os tiñamos solicitado”.

Lei de Inclusión

A responsable socialista denunciou que a Xunta aprobara hai mais de un ano a Lei de Inclusión, publicada o 31 de decembro de 2013, e que a día de hoxe aínda estea sen desenvolver, a pesares de que o propio texto establecía un prazo máximo de 6 meses. O goberno galego, dixo, incumpre a súa propia Lei, que foi aprobada sen garantir orzamento algún e con “nula vontade política de desenvolvela e aplicala efectivamente”.

Gallego negou o compromiso do PP na loita contra a pobreza, como demostran ao paralizar esta norma ou como demostraron ao rexeitar as propostas socialistas para crear un fondo urxente de emerxencia para a loita contra a pobreza e as emendas dirixidas a garantir o orzamento desta Lei.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar